Hoxe é Mércores 2 de Decembro de 2020

Do mar a túa mesa: a lonxa de Cesantes recupera a venta ao público

confraría

A Confraría San Xoán de Cesantes arrancou o mes retomando unha iniciativa que serve para  promocionar o produto local entre os consumidores: a venta ao público na propia lonxa. Unha iniciativa que busca por en valor ese contacto directo cos veciños que poden mercar practicamente das mans dos mariñeiros como tradicionalmente sempre se fixo. O patrón maior, Xoel López, retoma unha práctica que normalmente arrancaba en febreiro, pero que decide adiantar incorporando produtos como o centolo, nécoras, fanecas ou lorchas, que se engaden ao produto estrela: o choco de Redondela.

Xoel López fálanos da iniciativa qeu permite comprar o peixe nada máis chegar a terra

O patrón maior pon en valor esta iniciativa que permite levar o produto recén capturado e anima tamén a mercalo na praza de abastos “onde atoparemos as especies da ría, ao mesmo prezo e igual de frescas”. Quere así defender o comercio local e o labor dos traballadores do mercado malia que tamén anima aos consumidores a achegarse a lonxa de luns a venres en horario de 16:00 a 17:00 horas para asistir a esa venda en directo. “Máis que o prezo, o atractivo desta venda é ver como se descarga o peixe e como traballan os mariñeiros ao chegar a porto”.

Todos os días de luns a venres en horario de 16:00 a 7:00 horas na lonxa de Ceantes

Un intercambio tal e como se facía no pasado, cando os veciños acudían a Confraría a facerse coa mercancía nada máis desembarcar e que serve para promocionar o produto máis noso “en tempo difíciles coma estes”. Lembra que para o sector supón un duro golpe o peche da hostalaría durante todo o mes “notamos un descenso importante na venda do produto, sobre todo do marisco, nun ano no que xa non se van facer as tradicionais comidas de empresa, xusto cando tiñan que comezar a subir os prezos de cara ao Nadal”.

Unha confraría que sofre tamén as consecuencias do peche da hostalaría
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *