Hoxe é Martes 24 de Novembro de 2020

Chapela acolle con “satisfacción e prudencia” o anuncio da supresión da peaxe en Rande

peaje google 2

A inclusión nos orzamentos do Estado dunha partida de 1,53 millóns de euros para financiar a bonificación da peaxe entre Vigo e Redondela supón dar resposta a unha demanda longamente reivindicada por colectivos como a Asociación de Veciños de Chapela. Aplauden o anuncio pero con  reservas “aínda hai quedan trámites pendentes para que esa gratuidade sexa unha realidade”.

“Hai que aprobar os orzamentos e facer o Real Decreto, polo que estamos pendentes de que eses trámites se fagan, en todo caso calquera avance neste sentido imos aplaudilo” explica o presidente da Asociación de Veciños de Chapela, Marcial Pérez.

Prudencia na Asociaicón de Veciños á hora de valorar o anuncio de gratuidade de Rande

Unha prudencia á hora de valorar esta información que é froito da experiencia “foron varias veces as que nos prometeron a retirada desa peaxe e logo todo quedou en promesas”.

Deconfianza ante as promesas incumpridas

Insiste con todo en que “na parroquia aínda quedan moitas reivindicacións pendentes como a reposición de servizos afectados pola ampliación da autoestrada ou a creación dunha entrada e saída na zona de Torres de Padín”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *