Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 14 de Agosto de 2018

Ábrete de orellas


Fuxindo das modas e o consumo masivo Ábrete de orellas ofrece cada semana unha escolma de cancións coas que repasarmos concertos no país novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e cancións do pasado máis ou menos recente. Cunha atención especial a artistas salas e produtoras do país Ábrete de orellas non pretende crear tendencias senón divulgar ser un punto de encontro de propostas diferentes e variadas estilisticamente.

 

Este proxecto xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico que creceu a carón do seu redactor e presentador Pepe Cunha que co tempo foi espallando a súa faceta de comentarista musical por diversos medios Radio Kaos Rádio FilispiM Diario de Ferrol Radio Fene De troula Xornal de Galicia TVG ...

 

En 2003 creou www.abretedeorellas.com portal especializado en música e concertos na Galiza e en 2016 foi galardonado co Premio Martín Códax da Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical.

 

Ábrete de orellas é redifundido por Rádio FilispiM CUAC FM Radio Roncudo Radio Neria Radio Piratona A Kalimera Radio Fedello Radio Redondela e o podcast na internet dentro de Ivoox. Desde a total independencia e sen axudas económicas suma máis de 3000 seareir@s en facebook e arredor de 20000 visitas anuais á web.

 

Emisión: venres 23.00 horas

Remisión: sábado 21.00 horas

Contacto: abretedeorellas@gmail.com

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz
Audios deste programa