www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Agosto de 2017

Recanto do Corcovado


Dirixido e presentado por Lois Atanes, o Recanto do Corcovado procura construír sinerxias musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais... todo pode encaixar nas escolmas do programa. O noso único criterio, discutible e subxectivo, é o da calidade. Nestes intres o programa postúlase ademais como unha ponte entre os países nórdicos e Galicia, adicándose á difusión das músicas que nestes intres se crean dende Finlandia ou Suecia.

 

En antena dende o ano 2001 na recentemente desaparecida Radio Ecca Vigo, sumámonos á grella de Radio Redondela para celebrar a nosa tempada número 17, sempre comprometidos coa difusión cultural e a liberdade musical. Benvidas, benvidos!

 

Emisión: sábado 11.00 ás 12.00 horas
Remisión: mércores 23.00 ás 00.00 horas

 

Máis O Recanto do Corcovado en:
https://www.facebook.com/ORecantoDoCorcovado/info/?tab=page_info

https://twitter.com/corcovadomusica

 

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Audios deste programa