www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Maio de 2019

A Estación


Magazine diario que chega ós oíntes todos os días de luns a venres en horario de 11:00 horas a 13:00 horas da mañá e que se reemite en horario nocturno, dende as 24:00 as 02:00 horas.

 

Programa de temática variada, con contidos basicamente informativos, está centrado na actualidade de Redondela e a súa contorna máis inmediata (referencias á comarca que engloba tamén os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos).

Nas súas dúas horas de duración diarias preténdese dar cabida a todos os sectores da sociedade, dende colectivos sociais e veciñais, culturais ou políticos.

 

 

No programa sempre se dedica unha parte importante do mesmo ás noticias locais e comarcais, con cortes de voz dos protagonistas das mencionadas noticias, con referencias tamén a toda a actualidade de Galicia, e a aqueles apuntes máis destacados da crónica estatal e internacional. Dedicamos ademais un espazo específico á actualidade deportiva no que se fai un seguimento sobre todo dos equipos locais (os venres adiantando os partidos do fin de semana e os luns recollendo a crónica do que foron os encontro e os seus resultados). Botamos unha ollada tamén a actualidade do Celta por tratarse dun equipo con moitos afeccionados no ámbito local.

 

Como radio de servizos que é non deixamos de lado outras referencias que interesan como a predicción meteorolóxica e outras seccións de interese, como os números premiados nos sorteos da lotería, ONCE, Primitiva. 

 

Unha parte importante do programa céntrase en dar cabida aos protagonistas da información que de xeito diario se achegan aos micrófonos da Radio Municipal para falarnos das súas preocupacións, iniciativas ou denuncias. Amais das entrevistas de actualidade, inserimos ademais outras seccións como:

 

Axenda cultural, onde facemos un percorrido diario por todas as convocatorias para o tempo de ocio en Redondela e comarca (concertos, exposicións, cursos, conferencias, teatro, cine...). Un espacio que remata sempre cunha proposta musical e que serve tamén para dar cabida a grupos que non sempre a teñen no panorama radiofónico.

 

Receitas de Cociña: Martes e xoves facemos un pequeno oco no programa para achegarnos aos fogóns. Receitas que os oíntes poden trasladar á súa mesa e que adoitan seleccionar para que estean ao alcance de grandes cociñeiros pero tamén daqueles que comezan e que se achegan por primeira vez á cociña.


Cine: aproveitando o cambio de carteleira, todos os venres facemos un reparos ás novas estreas cinematográficas: sinopse argumental, críticas, referencias a directores e actores e trailers.

 

A Estación inclúe tamén espazos que se realizan gracias á incansable colaboración de Mª Elena Becerra, Eva G. Rei, Manuel Alvarez Moreira, Rosana Prieto ou Rosana Alonso. Eles son os encargados de preparar e dirixir as diversas sección que non acompañan ao longo da semana e que abordan temas de diferente índole


"10 anos atrás". Lorena Otero é a encargada de mergullarse semanalmente nos xornais e botar unha ollada ás informacións que eran noticia precisamente 10 anos atrás. Lembramos aqueles feitos que hai unha década copaban as páxinas dos xornais centrándonos principalmente nas novas que tiñan como epicentro a nosa comarca. Unha lembranza tamén sonora xa que nos detemos na música que máis se escoitaba no momento nas radios ou pistas de baile.

 

Literatura: Os membros do club de lectura da Biblioteca Municipal Valle Inclán de Redondela e a Axencia de Chapela pasan semanalmente polos micrófonos da radio. Os rapaces e rapazas que forman parte do club recomendan os seus libros preferidos, analizan as últimas lecturas e critican obra orientadas normalmente a un público infantil e xuvenil

Para o público adulto é a responsable da biblioteca, María Elena Becerra, e María José Villar da axencia de lectura de Chapela son as encargada de deixarnos sempre propostas interesantes para os que queiran achegarse a algunha obra literaria.  


Outro mundo é posible: a ecoloxía, sustentabilidade e solidariedade son os tres piares deste espazo que conta cada semana cun convidado para abordar temas de actualidade que pretenden crear un mundo mellor. Unha sección na que facemos referencia a propostas solidarias, iniciativas respectuosas co medio ambiente, alternativas que buscan o desenvolvemento sustentable ben partan de entidades públicas ou privadas.


"Cousas de Hoxe", un achegamento didáctico ademais de divertido ás efemérides máis salientables de cada semana. Deportes, cultura, sociedade, moda, todo ten cabida neste espazo por onde pasaron temas tales como os chupa-chups, o primeiro bebé probeta, a cámara kodak, o día de Yuri ou o día internacional do water.... 

O encargado de sorprendernos semanalmente con todas estas propostas é Manuel Álvarez Moreira. A través da liña telefónica as súas palabras son quen de levarnos ao pasado ou de facernos rememorar citas e feitos xa esquecidos.

 

"Colleita propia" con Eva G. Rei

Esta nova sección, COLLEITA PROPIA, quere ser un achegamento á cultura e a todas as manifestacións que teñen que ver coa creatividade, as tradicións e a vida colectiva do noso pobo.

 Tal e como a define o dicionario, a colleita é o conxunto de froitos que dá a terra e se recollen nunha época concreta do ano; pero tamén o produto do traballo ou da imaxinación. No noso caso a colleita vai ser semanal e vai incluír, alén da produción colectiva da nosa terra, diferentes manifestacións culturais doutros pobos que poidan ser de interese. O obxectivo é recuperar e coñecer o que temos de noso, pero tamén aprender a apreciar o que nos chega do arredor pero dun xeito selectivo, pouco globalizado e sen mandados externos nin comerciais.

 “Colleita propia” quere ser unha fiestra aberta á creatividade colectiva, na que terán o seu lugar as tradicións, as lendas, o folclore, a música e todas a manifestacións culturais que se afasten dos produtos de consumo de masas. A nosa colleita será propia, ecolóxica e sen aditivos.

 

Temas inmobiliarios e financeiros. Durante os últimos anos Rosana Prieto ten sido a nosa asesora incansable, achegándonos respostas, consellos, suxestións e análise en temas económicos. Todas as cuestións que afectan directa ou indirectamente aos nosos petos teñen cabida nesta sección na que se fala da construción ou de cuestións financeiras deixando de lado a macroeconomía e centrándonos nas repercusións das políticas económicas na economía dos oíntes.

Un espacio que ten incrementado o seu interese na actual coxuntura de crise económica. Téñense abordado nesta seccións temas relacionados coa:

Construción: políticas de proteccións do litoral, desenvolvemento do PXOM, vivenda libre e de protección oficial 

Entidades financeiras (cambios nos tipos de xuro, formalización de hipotecas, préstamos persoais)

Medidas políticas: moratoria para a conta vivenda, axudas para a adquisición de vivenda, bolsa de alugueiro.


O programa é conducido por Mª Jesús Queimaliños Casás, quen se encarga de conducir as dúas horas de emisión en directo, elabora a información local e se responsabiliza da procura e realización de entrevistas a distintos personaxes da actualidade.

Ana Prieto é a responsable da información xeral mentres que Lorena Otero se encarga do informativo da tarde ademais de ser a encargada de conducir diversas seccións como os espazos "10 anos atrás" e "Outro mundo posible"

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Audios deste programa

A Estación

A Estación 15/05

15/05/2019

A Estación 14/05

14/05/2019

A Estación 13/05

13/05/2019

A Estación 10/05

10/05/2019

A Estación 09/05

09/05/2019

A Estación 08/05

08/05/2019

A Estación 07/03

07/05/2019

A Estación 06/05

06/05/2019

A Estación 03/05

03/05/2019

A Estación 02/05

02/05/2019

A Estación 30/04

30/04/2019

A Estación 26/04

26/04/2019

A Estación 25/05

25/04/2019

A Estación 24/04

24/04/2019

A Estación 23/04

23/04/2019

Café XIX

Café XIX: Rosalía 2

Rosalía de Castro ben merece dous programas. Un repaso a súa obra con Xurxo Martínez

Café XIX: Rosalía I

Xurxo Martínez achéganos a literatura do século XIX. Nesta ocasión coa grande escritora galega Rosalía de Castro

Literatura 03/01

Xurxo Martínez achéganos a literatura do século XIX. Nesta ocasión viaxamos ata Rusia para afonrdar na figura de Fiódor Dostoyevski

Colleita propia

Colleita propia 27/03

Recursos do mar

Colleita propia 13/03

Os nosos instrumentos e a nosa música

Colleita propia 6/03

Co gallo do 8 de marzo falamos de mulleres galegas senlleiras

Colleita propia 27/02

As mulleres de Saxamonde

Colleita propia 20/02

Infraestruturas relacionadas co mar

Colleita propia 6/02

As pontes como lazos de unión

Colleita propia 30/01

San Brais

Colleita propia 23/01

O castro de Negros

Colleita propia 16/01

A bruxa do Monte da Peneda

Cousas de hoxe

Cousas de hoxe 10/04

Matrix 20 anos

Cousas de hoxe 27/03

Fálanos Manuel Alvarez dun costume xaponés a contemplación e celebración do Hannami

Cousas de hoxe: Día da Felicidade

Manuel Álvarez fálanos dunha celebración: a do día da Felicidade

Cousas de hoxe: Gila

Miguel Gila cumpriría nesta semana 100 anos un aniversario que lembramos con Manuel Alvarez Moreira

Cousas de hoxe 6/03

20 anos sen Stanley Kubrick. Un xenio detrás da cámara do que nos fala Manuel Álvarez

Cousas de hoxe 27/02

10 anos do nacemento do wassap. Celebrámolos con Manuel Álvarez

Cousas de hoxe 20/02

Manuel Alvarez fálanos dun día descoñecido: o día de fumar en pipa

Cousas de hoxe: Alexander Selkirk

Manuel Alvarez fálanos do verdadeiro Robinson Crusoe: Alexander Selkirk

Cousas de hoxe: quebracabezas

Celebramos con Manuel Alvarez o Día internacional dos quebracabezas

Cousas de hoxe: Mareas Vivas

Manuel Alvarez fálanos dun aniversario moi televisivo: os 20 anos da mítica serie galega Mareas Vivas

Cousas de hoxe 9/01

Sherlock Holmes: os personaxes de ficción tamén celebran o seu aniversario

Cousas de hoxe 20/12

Emily Bronte unha grande da literatura

Cousas de hoxe 17/12

70 anos de comida rápida con McDonalds. Cóntanolo Manuel Álvarez Moreira

Cousas de hoxe 3/10

Existe o día internacioal de James Bond? Manuel Alvarez fálanos da conmemoración o 5 de outubro do día do axente 007

Cousas de hoxe 26/09

Manuel Álvarez fálanos do Día da blasfemia data que se conmemora o 30 de setembro

De dentro a fóra

De dentro a fóra 10/05

Derrubamos falsos mitos sobre o dano cerebral co xerente de Alento Gonzalo Mira

De dentro a fóra 26/04

A cultura e a educación van da man en Afundación. Obra Social ABANCA. Ana Tierra fala coa coordinadora de cultura Mª Teresa Cores

De dentro a fóra 12/04

Nunca é tarde para aprender. Así nolo demostran Antía Martínez e Alberto Fernández que imparten clases de informática a maiores. Con eles fala Ana Tierra

De dentro a fóra 5/04

Coñecemos o método educativo EBI que personaliza o ensino na procura de mellores resultados

De dentro a fóra 29/03

Facer o Camiño de Santiago máis accesible ás persoas con diversidade funcional é o obxectivo de Discamino. Un proxecto que lidera Javier Pitillas e que presenta da man de Ana Tierra

De dentro a fóra 22/03

Ana Tierra mergúllanos no mundo da arte urbana do street art xunto á artista Lula Goce

De dentro a fóra 15/03

A diversidade centra o programa de hoxe no que Ana Tierra fala co profesor Ignacio Calderón sobre o seu último libro

De dentro a fóra: Lois Babarro

Ana Tierra comeza o mes de marzo falando de educación e innovación co profesor Lois Babarro

De dentro a fóra 22/02

A fotografía como ferramenta para afrontar o autismo. Ana Tierra fala con Paula Verde de "Mi mirada te hace grande"

De dentro a fóra 15/02

Raúl Davila ensínanos a afrontar un ictus

Dentro a fóra 8/02

Ana Tierra comparte micrófonos coa escritora María Oruña

Dentro a fóra 01/02

"A diversidade humana sen estigmas": Ana Tierra estrea o mes de febreiro con Olga Lalín

De dentro a fóra: Olga Cuervo

Olga Cuervo conversa con Ana Tierra de como é posible vivir do conto

Dentro a fóra 18/01

Ana Tierra comparte micrófonos coa presidenta de XOGA María Jesús Monterde

De dentro a fóra 11/01

"O momento presente con esencia tradicional". Hoxe a protagonista é a profesora de baile galego Erica Iglesias

Economía e finanzas

Economía e finanzas 11.12.14

Rosana Prieto advírtenos dos perigos dos créditos rápidos con tipos de xuro que superan o 20%.

Economía e finanzas 04.12.14

O paro sobe en Galicia no mes de novembro mentres baixa no resto do Estado. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 27.11.14

Case 9.8 millóns de traballadores españois son mileuristas. Máis de 5.7 millóns de asalariados percibiron en 2013 menos de 10.000 euros brutos ao ano.

Economía e finanzas 20.11.14

Os empresarios piden outros dous anos de subas salariais inferiores ao 06%. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 13.11.14

A Comisión Europea di que o axuste salarial en España foi lento ineficiente e inxusto. Analizamos a información con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 06.11.14

O paro repunta no mes de outubro. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 23.10.14

Galicia xera emprego neto por vez primeira en cinco anos. Analizamos os datos da EPA con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 16.10.14

Facenda quere imputar un delito fiscal de 3 millóns de euros a Blesa e Rato.

Economía e finanzas 09.10.14

O xuiz imputa a Rato e Blesa polas tarxetas opacas de Caja Madrid. Analizamos o caso con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 02.10.14

Sobe o paro en setembro aínda que as cifras son mellores que hai un ano. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 25.09.14

Analizamos con Rosana Prieto os datos do Banco de España que falan dunha relentización da recuperación económica.

Economía e finanzas 18.09.14

O INE confirma que os galegos traballan máis que o resto dos españois pero cobran menos. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Economía e finanzas 11.09.14

Ana Patricia Botín asume o mando no Banco Santander tras o falecemento do seu pai Emilio Botín. Analizamos con Rosana Prieto esta remuda no maior banco de España e da Unión Europea.

Economía e finanzas 04.09.14

A OCDE advirte que o paro non baixará do 24% no ano 2015. Analizamos os datos con Rosana Prieto.

Rosana Prieto 31/07

Rosana Priemrot despídese antes das vacaións cunha análise xeral do estado de saúde da nosa economía

En clave galega

Miguel Anxo Prado

María Bragado conversa co autor Miguel Anxo Prado.

Manuel Jabois

María Bragado conversa con Manuel Jabois sobre o seu libro \"Irse a Madrid\".

Antonio García Teijeiro

García Teijeiro fálanos da súa obra \"Recendos de aire sonoro\".

Iolanda Zúñiga

María Bragado conversa coa escritora Iolanda Zúñiga sobre a súa obra \"Periferia\".

Francisco Castro

María Bragado conversa con Francisco Castro sobre a súa última obra \"In vino veritas\"

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz conversa con María Bragado sobre a súa obra \"Non hai noite tan longa\"

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño falamos do seu libro \"Cociñando ao pé da letra\"

Marcos Calveiro

O autor de \"Lois Pereiro náufrago do paraíso\" coménanos os seus proxectos pasados e futuros

Elena Gallego

Elena Gallego conversa con María Bragado sobre a súa última obra

Os resentidos

Xandre Vázquez entrevista a Antón Reixa

A Quenlla

En clave galega

Saraibas

A música de sempre no programa que conduce Xandre Vázquez

Fuxan os ventos

A mítica formación galega chega ao espazo que conduce Xandre Vázquez

Suso Vaamonde

Xandre Vázquez rememora a figura e a obra do cantautor

Miro Casabella

O cantautor Miro Casabella é o protagonista da entrevista que conduce Xandre Vázquez

Entrevistas

Valeria Guglietti titiriteira

Espectáculos itinerantes concertos e actuacións nocturnas para gozar dos títeres

Inés Pasic titiriteira e actriz

As imaxes corporais de Inés Pasic dan inicio ás representacións de sala do Festival de Títeres

Aurelio Krook "Lito" presidente SAR

O Balonmán SAR unha aposta de éxito pola canteira

Festival Internacional de Títeres

Falamos con Xandre Vázquez da organización e José Amaya da compañía Ocelot

Miguel Ángel Álvarez edil Medio Ambiente

Unha barreira flotante na desembocadura do Alvedosa evita que os plásticos acaben no mar

Jorge Rodríguez C.C.D Cesantes

As traiñeiriñas de Redondela reman na casa

Manuel Nieto Obradoiro Fernando Monroy

San Simón acolle a presentación do libro "A memoria dun pobo lembranzas de Cesantes"

Moisés Iglesias Santos

O artista presenta en Redondela a súa mostra "Relieves" que xorde de material de refugallo

Julio Prado presidente do C.R. Chapela

Chapela bronce no Campionato de España de Bateis

Luís Cuntín análise electoral

Analizamos os resultados electorais con Luis Cuntín especialista en socioloxía electoral

Paqui Canal candidata Ciudadanos

A candidata de Ciudadanos Paqui Canal descarta dar o seu apoio a un goberno do PP en Redondela

Alvaro Bastos veciño

A sociedade civil mobilízase contra o desmantelamento da oficina da Policía Nacional

Maijo Pazos artista

A súa obra "Casa dulce hogar" pódese ver no espazo Mínima Expresión

Antonio Lores Plataforma en defensa da Enseada

Propoñen converter a explanada de Rande nun espazo de lecer para frear o almacén de colectores

Juan Rodríguez Caramuxo Teatro

"As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro chegan ao Multiúsos

Finais de cine

Memorias de África

Despedimos agosto con Robert Redford e Meryl Streep

Casablanca

Este é o inicio dunha gran amizade

Dos hombres y un destino

Inesquecible o final de Robert Redford e Paul Newman nesta longameraxe

El príncipe de las mareas

Lowenstein Lowenstein...

Blade runner 24/08

Os replicantes marcaron todo un fito na ciencia ficción

El club de los poetas muertos

Oh capián mi capitán...

Love Story

Unha romántica e tráxica historia sen final feliz

La vita è bella

Benigni sorpende cun final esperanzador nunha película sobre o holocausto

Telma y Louise

Unha comedia dramática que cumpre 20 anos

Los pájaros

O terros e o suspense están presentes nesta cinta de Alfred Hitchcock

Amanece que no es poco

O surreralismo é protagonista nesta cinta de culto

Con faldas y a lo loco

Billy Wilder sorpende co seu final

American Beauty

Un monólogo demoledor

Ciudadano Kane

Que é Rosebud?

E.T.

Elliot e E.T. deixannos un dos finais máis emotivos da hisoria do cine

Galicia Sensacións Turísticas

Galicia Sensacións Turísticas 16.05.19

Hoxe visitamos Cotobade localidade natal de Antonio Fraguas o homenaxeado das Letras Galegas deste ano. Cotobade conta cun importante conxunto de petróglifos e patrimonio arquitectónico como os hórreos da Eira Grande.

Galicia Sensacións Turísticas 09.05.19

Hoxe achegámonos ao patrimonio industrial da Ribeira Sacra cunha interesante visita ás "telleiras". Facémolo da man de Lucas Vázquez da asociación cultural Segredos de Pantón.

Galicia Sensacións Turísticas 02.05.19

Coñecemos un tesouro do románico: o mosteiro de San Salvador de Ferreira. Tamén as ribeiras do río Cabe e o seus bancais de viñedos.

Galicia Sensacións Turísticas 11.04.19

Esta fin de semana celébrase a XXXIX Feira do Viño de Amandi en Sober. Unha excelente ocasión para visitar a Ribeira Sacra e coñecer as terras de Lemos e as ribeiras do río Cabe.

Galicia Sensacións Turísticas 04.04.19

Rosana Prieto lévanos a coñecer Amandi unha parroquia de Sober e subzona vitivinícola da Ribeira Sacra. Visitamos varios miradoiros e o santuario de Nosa Señora das Cadeiras.

Galicia Sensacións Turísticas 28.03.19

Na ruta polo xeodestino da Ribeira Sacra chegamos a Doade no municipio de Sober. A viticultura e a oleiría de Gundivós son algúns dos seus atractivos.

Galicia Sensacións Turísticas 21/03/2019

Hoxe coñecemos a xoia de Monforte de Lemos: o mosteiro de San vicente do Pino cun impresionante claustro hoxe reconvertido en Parador Nacional.

Galicia Sensacións Turísticas 14.03.19

O xeodestino Ribeira Sacra segue a sorprendernos. Hoxe chegamos á vila que exerce da súa capital: Monforte de Lemos.

Galicia Sensacións Turísticas 14.03.19

O xeodestino Ribeira Sacra segue a sorprendernos. Hoxe chegamos á vila que exerce da súa capital: Monforte de Lemos.

Galicia Sensacións Turísticas 07.03.19

No corazón da Ribeira Sacra coñecemos na Teixedira o Camiño do Porto da man de Rosana Prieto.

Galicia Sensacións Turísticas 28.02.19

Seguimos o percorrido pola Ribeira Sacra do lado ourensán na Teixeira. Visitamos impresionantes mirandoiros fermosas rutas de sendeirismo e adegas.

Galicia Sensacións Turísticas 21.02.19

Hoxe coñecemos San Paio de Abeleda. Unha xoia do románico que en tempos foi un dos centros monásticos máis importantes da provincia de Ourense. Malia súa importancia áchase desde hai anos nun estado ruinoso.

Galicia Sensacións Turísticas 14.02.18

Seguimos en Castro Caldelas para coñecer tesouros como o mosteiro de San Paio de Aveleda. Tamén contan cunha raza bovina propia "a vaca caldelá".

Galicia Sensacións Turísticas 07.02.19

Seguimos o percorrido pola Ribeira Sacra en Castro Caldelas. Rosana Prieto lévanos a coñecer o Castelo e tamén as impresionantes vistas desde o campanario da igrexa. E a arte do "esgrafiado".

Galicia Sensacións Turísticas 31.01.19

O percorrido pola Ribeira Sacra lévanos hoxe a interesantes lugares de Parada de Sil. O sendeiro pola beira do río Mao ou a ponte medieval de Forcas son algúns exemplos. Ademais do mirador das Xariñas de Castro.

Literatura

Literatura 2/05

Todo un verano sin facebook de Romai Puértolas e Asesinato es la palabra de Anthony Horowith dúas propostas literarias da man de Mª Elena Becerra

Literatura 11/04

Los asquerosos de Santiago Lorenzo e Una canción desde muy lejos de A.F Harrold son as propostas de Mª Elena becerra

Literatura 4/04

Sakura de Matilde Asensi e Todo lo que sucedió con Miranda Huff de Javier Castillo dúas propostas das que nos fala Mª Elena Becerra

Literatura 14/03

Mª Elena Becerra fálanos da Revista Menta. El arte de vivir con calma e dun libro xuvenil de toda a vida Lo que hizo Kati de Susan Coolidge

Literatura 7/03

Dúas escritoras protagonizan hoxe o espazo que conduce Mª Elena Becerra: Jennifer Egan con Manhattan Beach e Sonia MIrón con Mi Corazón en una caja de zapatos

Literatura 28/02

Javier Arca con El Panteón de los malditos e Christophe Carlier con Saludos nada cordiales son as dúas propostas de Mª Elena Becerra

Literatura 14/02

Mª Elena Becerra déixanos propostas para grandes e pequenos: a novela histórica "Múnich" e "248 funerales y un perro extraordinario"

Literatura 7/02

Tres propostas nos deixa Mª Elena Becerra: "Suite Scarlett" "El libro de las cosas perdidas" e "Érase una vez un bosque mágico"

Literatura 24/01

Nesta ocasión Mª Elena Becerra achéganos ao mundos das revistas: Archiletras e Kidsmusic

Literatura 17/01

Caja la fabulosa historia de Mateo y su amigo cartón Dodomo in wonderland e Sara tres títulos para o público infantil

Literatura 10/01

El legado de Catherine Elliot de Esther Gili e Gemma Camblor e La callada memoria del olvido de Nita Aspiazu propostas de Mª Elena Becerra

Literatura 3/01

Café XIX achégano hoxe á literatura rusa con Fiódor Dostoyevski. Unha proposta de Xurxo Martínez dende o servizo de Normalización Linguïstica

Literatura 13/12

Mª Elena Becerra mergúllanos na obra e vida da escritora inglesa Enid Blyton cando se cumpren cincuenta anos da súa morte

Literatura 29/11

"Estamos todas bien" e "una lágrima una sonrisa" as propostas de Mª Elena Becerra nesta semana

Café XIX 22.11.18

Xurxo Martínez do SNL fálanos de Juan Antonio Saco Arce no 150º aniversario da súa "Gramática gallega".

O fol da lingua

O fol da lingua 02/01/2016

Un século do coro Cántigas da Terra

O fol da lingua 26/12

Expresións propias do Nadal

O fol da lingua 19/12

O Nadal

O fol da lingua 12/12

Melloramos o noso galego

O fol da lingua 5/12

"Mannequin Challenge"

O fol da lingua 28/11

A emigración en Galicia: A historia galega de Fidel Castro

O fol da lingua 21/11

Léxico relacionado co día

O fol da lingua 14/11

A Superlúa de novembro

O fol da lingua 7/11

Día da ciencia en galego

O fol da lingua 31/10

Magostos e castañas

O fol da lingua 24/10

O Samaín

O fol da lingua 17/10

As palabras da TV

O fol da lingua 10/10

Frases feitas en galego

O fol da lingua 03/10

Día Europeo das Linguas

O fol da lingua 19/09

Palabras que teñen a súa orixe en nomes propios

Outro mundo é posible

Propostas ambientais

De cara ao 26M as asociacións ecoloxistas fan as súas propostas ambientais que consideran prioritarias para a próxima lexislatura. Falamos con "Amigos da Terra"

Asociación Treze Catorze

Dinámicos e orixinais nos seus proxectos de recuperación do medio ambiente e dinamización do rural esta asociación de Salceda celebra o Día da Natureza. Xornada na que presentarán algúns dos seus proxectos.

Turismo mariñeiro

Nace en Cesantes Amarturmar unha asociación que promove o turismo sostible mariñeiro

O perigo das apostas on-line

A accesibilidade anonimato a publicidade agresiva son algúns dos atractivos deste tipo de apostas que están a provocar un incremento notable dos adictos. Falamos coa Asociación Galega de Xogadores Anónimos

Lindano

Novas verteduras de lindano e a falta de posta en marcha do plan de descontaminación anunciado en 2017 levou aos afectados até o Parlamento de Galicia

Alimentación e saúde

Falamos de falsos mitos na alimentación e na importancia dunha dieta saudable para o noso benestar coa dietista Lola Poza

É tempo de loitar contra a velutina

Chegou a primavera momento para loitar contra a propagación da vespa asiática. Dende AGA denuncian a falta de medios e coordinación.

Futuro de Ence

Logo do cambio de postura do goberno de non defender a prórroga da concesión a Ence falamos co presidente da Asociación pola Defensa da Ría

Cidade Deportiva do Celta

Falamos coa Comunidade de Montes de Tameiga das consecuencias que terá o complexo deportivo e comercial para Mos e toda a contorna

8M Día Internacional da Muller

As mulleres saen á rúa para reivindicar igualdade. Falamos coa Plataforma Feminista Galega

Lingua de signos

Sensibilizar e visibilizar aos discapacitados sensoriais é o obxectivo destes cursos que comezan en Redondela da man de XOGA

Ascensión dos cumios máis altos

O Aconcagua ou o pico Lenín en Kirguizistán son algúns dos cumios que ascendeu a montañeira Rosa Piñeiro. Mergullámonos nas súas expedicións.

IV Encontro ContraMINAcción

Colectivos da Península Ibérica reúnense en Compostela para debater sobre a minaría as súas consecuencias e tecer lazos na defensa do territorio

Día Contra o Cancro

Os problemas psicolóxicos que xera o cancro tanto nos doentes como en familiares centran a campaña deste ano da Asociación Contra o Cancro. Falamos coa presidente da delegación de Redondela

Coordinador parental

Oito asociacións veñen de presentar na Xunta o seu rexeitamento a que se implante esta figura en Galicia. Coñecemos que é e cales son os motivos do seu rexeitamento

Redondela alternativa

Redondela alternativa 27/06

Carlos Fernández autor do libro \"50 lugares mágicos de Galicia\"

Redondela alternativa 15/06

Adrián Amoedo entrevista a Belöp

Redondela alternativa 1/06

Programa Clara

Redondela alternativa 18/05

Adrian Amoedo fala cos integrantes do grupo de Soutomaior Güintervan

Redondela alternativa 4/05

Unha páxina de música local: http://sonderedondela.blogspot.com.es/

Redondela alternativa 20/04

Quefacer.com

Redondela alternativa 30/03

Adrian Amoedo fala con Juan Manuel Nogueira do maratón de fubito de Semana Santa

Redondela alternativa 16/03

Tok Nocheni The Silence e Caramuxo Vermello conversan con Adrian Amoedo

Redondela Alternativa 2/03

Adrian Amoedo fala con usuarios do local de Nsaio

Redondela alternativa 17/02

Adrián Amoedo entrevista ao coordinador do programa Búrbida Máxica

Redondela alternativa 3/02

Teñen futuro os video clubs e os cines? Adrian Amoedo achéganos información sore o tema

Redondela alternativa 20/01

Adrian Amoedo fala do uso da bibicleta e entrevista ao ciclista Oscar Pereiro

Redondela alternativa 23/12

Adrian Amoedo fai un percorrido por algúns dos éxitos musicais do 2011

Reportaxes

Seguridade viaria N-550

Peregrinos e veciños reclaman maior seguridade viaria na N-550 na zona do Muro

Seguridade cidadá

Preocupación entre os veciños de Redondela polo aumento dos roubos e a reorganización policial

Pleno 27/09

O Imposto de rodaxe e a retirada dos colectores do lixo durante o día foron dous dos asuntos debatidos no pleno do mes de setembro

Ampliación AP-9

Nove meses de abandono en Chapela e Trasmañó

Camiño de Santiago

Medran os peregrinos do Camiño Portugués e as queixas pola falta de sinalización na ruta da Costa

Consumo alcol menores

Os redondeláns propoñen "máis educación na familia" para evitar o consumo de alcol en menores

Pleno extraordinario 14/05

O Campo do Viso e a rehabilitación da escola de Trasmañó financiaranse con cargo o remanente

En que gastar o remanente do Concello?

Os redondeláns achegan suxerencias para gastar o 16 millóns de remanente do Concello

Pleno 25 abril

O PSOE abandona o pleno tras un tenso arranque pola intervención veciñal a conta do transporte

Seguridade en Chapela

Alarma en Chapela polos roubos e o vandalismo

XXXII Festa da Ostra

Arcade presume de ostras e dos seus produtos de lonxa

Cambios na recollida do lixo

Colectores do lixo con horario limitado

Pleno marzo 2018

O pleno reclama o cese de Teresa París pola súa postura ante as mobilizacións do 8 de Marzo

Liberdade de expresión

A cidadanía denuncia a perda de liberdades

Pleno extraordinario 9/03

Redondela ofrece beneficios fiscais ás empresas

Rumboia

Rumboia Iván Costa

En 2006 edítase o primeiro CD en solitario do gaiteiro Iván Costa co nome de Ávrego. Un traballo que aporta melodías tradicionais e composicións propias nas que o autor é ao tempo intérprete de tódolos instrumentos qu

Rumboia: "Pelepau" 13.11.18

Pelepau nace en Vigo no ano 2010 formado por 12 percusionistas. Interpretan cantigas populares adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público.

Rumboia 30.10.18

30.10.18

Samarúa na Rumboia

"Prólogo" é o primeiro traballo de estudo do grupo folk Samarúas. Unha nova proposta a cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional tendo presente a Costa da Morte as súas xentes.

Treixadura

O espazo da Asociación de Gaiteiros de Galicia fálanos do último traballo de Treixadura.

Carapaus

No espazo de Rumboia hoxe coñecemos o traballo de Carapaus un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela.

Leña verde

Rumboia fala do grupo de música tradicional de Pol.

Susana Seivane

Medrando na familia Seivane e herdando todo o saber do seu avó do seu tío e do seu pai irrompe na música galega Susana Seivane

Ultreia

Colectivo cultural que nace en Compostela a principios do ano 1995 con interese na recuperación da música instrumentos traxes e danzas tradicionais galegas

Leilía

Grupo de cantareiras capaces de colocar a voz feminina no panórama emerxente da música galega nos anos 90

Durindaina

Coñecemos este grupo compostelán que xurdiu en 1984 e gravou un único disco

O Gaiteiro de Sto. Xusto

Neste primeiro programa escoitaremos unha escolma do disco O Gaiteiro de Sto. Xusto. Unha proposta do gaiteiro Bruno Villamor

Os Carunchos

Ao final de 1994 nacen na bisbarra de Vigo coa idea de misturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas

Somos verdes

Somos verdes 6/05

Beneficios dos alimentos mitos ou verdades

Somos verdes

Como se presenta a primavera para os alérxicos?

Somos verdes 1/04

Como nos afecta o cambio horario? Falamos do tema con Rosana Alonso

Somos verdes: Friday for future

Un novo movemento no que os máis novos reivindican unha maior concienciación contra o cambio climático

Somos verdes. A procesionaria

A praga da procesionaria unha eiruga que aniña nos piñeiros e que pode ter consecuencias graves nos animais. Falamos do tema con Rosana Alonso

Somos verdes 25/02

Rosana Alonso analiza o que pode supoñer a medida da Xunta de que os clientes leven as sobras dos restaurantes

Somos verdes 4/02

Analizamos con Rosana Alonso as variantes en torno ao vexetarianismo e outras dietas

Somos verdes: Acupuntura

Rosana Alonso fálanos dos beneficio dunha técnica milenaria a acupuntura

Somos verdes: Terapis alternativa

Rosana Alonso regresa neste 2019 e faino cun tema polémico: as terapias alternativas

Somos verdes 30/01

Rosana Alonso achéganos consellos sinxelos que nos axudarán a abaratar o recibo da luz

Somos verdes

Rosana Alonso aclara algúns bulos que circulan no rural

Somos verdes

Rosana Alonso recolle as denuncias en torno a posibles manipulacións nos ciclos hidrolóxicos

Somos verdes 9/01

Entra en vigor a norma Europea que prohibe a comercios e supermercados dar aos clientes bolsas de plástico gratuítas. Falamos do tema con Rosana Alonso

Somos verdes 20/12

Falamos de consumo responsable con Rosana Alonso na época de máis compras do ano

Somos verdes 12/12

Rosana Alonso fálanos de como atallar os excesos alimentarios do Nadal

Son de Redondela

Son de Redondela: Trasnos de Moscoso

Fon Conde fálanos do grupo de rap Os Trasnos de Moscoso.

Son de Redondela: María Fumaça

Fon Conde achéganos á música dunha agrupación moi especial: María Fumaça.

Son de Redondela 15.10.18

Pedro Pérez Vilas é o convidado de hoxe na sección de Fon Conde para falar das próximas actividades que organiza a plataforma Siña PACA. Preparan un magosto para o 10 de novembro.

Son de Redondela 08/10

Seso Durán presenta o seu último disco "Son da memoria"

Son de Redondela 1/10

Música tradicional con Xulio Lorenzo

Son de Redondela 24/09

Pelepau a propasta musical de Fon Conde para pechar o mes de setembro

Son de Redondela 17/09

Tangata e Alberto Vilas

Son de Redondela: Romaría Popular

Fon Conde achéganos o programa da I Romaría Popular de Redondela

Son de Redondela 30/07

Fon Conde pecha a tempada acompañado de Pedro Pérez

Son de Redondela

Calcetín Furado é o grupo protagonista do espazo que conduce Fon Conde

Son de Redondela: Chaleco Reflectante

Fon Conde fálanos da traxectoria do grupo redondelán Chaleco Reflectante.

Son de Redondela: Anaquiños

Fon Conde fálanos desta agrupación de Chapela e do disco editado co gallo do seu 40 aniversario.

Son de Redondela: Anaquiños

Fon Conde fálanos desta agrupación de Chapela e do disco editado co gallo do seu 40 aniversario.

Son de Redondela: Ducho Vidal

Fon Conde achéganos á traxectoria do músico e cantante redondelán Ducho Vidal.

Son de Redondela: Millo Verde

Fon Decon conversa cos organizadores do Festival Millo Verde sobre a programación deste evento na súa XII edición.