www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 22 de Xaneiro de 2020


Institucional • 15/11/2009

A Consellería de Cultura e Turismo xunto a Asociación de Concellos con Castelos, Torres e Enclaves Turísticos organizan esta xornada o próximo 18 de novembro baixo o lema "O pasado ten futuro". O obxectivo da iniciativa, na que estarán representados 40 concellos, é coordinar esforzos para protexer e divulgar este patrimonio singular de cara  o seu aproveitamento cultural e turístico.


Institucional • 13/11/2009

O alcalde de Redondela Xaime Rei reúnese hoxe cos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio en Madrid para coñecer os detalles do proxecto de rehabilitación do viaduto. O delegado do goberno en Galicia, Antón Louro confirmou que en breve anunciará esas obras


Cultura • 13/11/2009

A Concellería de Servizos Sociais ten aberto o prazo para matricularse no curso de formación de adultos que lles permitirá aos maiores de dezaseis anos sen titulación acceder á educación secundaria

 


Institucional • 12/11/2009

As obras que se están a realizar en Redondela con cargo ao Fondo Estatal de inversión Local supuxeron que 84 parados atoparan emprego ao ser contratados por algunhas das empresas que están a realizar obras de humanización e mellora en diferentes puntos do concello

 


Cultura • 12/11/2009

O concerto comezará ás 21:00 horas do sábado no campo da MIñoteira en Ventosela, coa actuación de cinco bandas de música rock: Holocturia, Zona Zero, Skakeo, Defecto Optiko e Homenaxe a Led Zeppelin. Haberá castañas gratuítas e bebidas a prezos populares

 




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1966] [1967] [1968] [1969] [1970]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Venres, 24 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Asemblea de Paxaretas
O colectivo Paxaretas convoca unha reunión o venres 24 ás 20:00 horas na Casa da Cultura para abordar a organización de actividades de cara ao 8M. Anima a toda a veciñanza a participar.
Sábado, 25 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Casa O,Rei de Ibuprofeno
O ciclo Vive o Teatro da Concellería de Cultura continúa o sábado 25 ás 20:00h no Multiúsos coa obra Casa O,Rei con Marián Bañobre, Miguel Borines, Santiago Cortegoso, Teté García e Víctor Mosqueira, entre outros. Prezo 7€ (5 euros reducida).
Sábado, 25 de Xaneiro de 2020 - 20:30
Teatro afeccionado en Chapela
VII edición do ciclo que organiza a Asociación Cultural e Social de Chapela e que este sábado 25 ás 20:30 horas deixanos a obra Get Back do grupo de teatro Porta Aberta de Vigo. Entrada de balde.
Domingo, 26 de Xaneiro de 2020 - 18:00
Patapatum de Elefante Elegant
Continúa o II ciclo de teatro infantil coa compañía Elefante Elegante quen porá en escena o domingo 26 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a obra "Patapatum". As entradas pódense recoller no propio Multiúsos a un prezo de 3€.
Martes, 28 de Xaneiro de 2020 - 19:00
Xuntanza de Podemos
A formación Unidas Podemos celebra unha xuntanza aberta coa militancia en Redondela. Será o martes 28 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 1 de Febreiro de 2020 - 20:30
Teatro en Chapela
A compañía de teatro Rueiro de Vigo pecha a VIII edición do ciclo de teatro afeccionado de Chapela cunha adaptación de O Avarento de Moliere. O sábado 1 de febreiro ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia