www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020


Institucional • 12/01/2011

A auga que sae da billa nalgunhas zonas da vila presenta un "aumento da turbidez" pero dende a Concesionaria do servizo, Aqualia, insisten en que é apta para o consumo "xa que se atopa clorada" e explican que a cor que presenta débese ás intensas choivas dos últimos días


Sociedade • 12/01/2011

Cando se cumpre un ano do terremoto que devastaba o país caribeño, o cooperante de Médicos Sen Fronteiras (MSF) lembra a obriga moral da comunidade internacional para colaborar cun plan de reconstrucción que se vai prolongar cando menos durante unha década.  Denuncia as condicións de vida que continúan a padecer un millón de haitianos que quedaron sen fogar.


Institucional • 12/01/2011

Os nacionalistas celebran este venres na antiga escola de Tuimil no Viso un acto informativo aberto a todos os veciños e orientado principalmente ás Comunidades de Augas no que se analizarán as consecuencias que a nova lei terá para os veciños do rural.


Sociedade • 12/01/2011

A afortunada co premio entregado pola asociación de Empresarios de Redondela dentro da campaña de Nadal selara o seu vale na tenda de fotografía Cal 3. María Luísa Alonso Míguez foi a agraciada cun ano de autobús gratis


Cultura • 11/01/2011

Co obxectivo de crear un grupo de teatro estable, a Asociación organiza un curso de teatro que comezará a impartirse o martes 18. Unha actividade que ven engadirse ao tradicional concurso de maquetas cuxa cuarta edición está xa en marhca




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1905] [1906] [1907] [1908] [1909]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 20:30
Banda de Música en Reboreda
Co gallo da festividade da Asunción, o Centro Cultural de Reboreda acolle un concerto da Banda de Música Municipal de Redondela dedicado especialmente aos maiores.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 21:00
Espectáculo fusión
O grupo folclórico o Carballo das Cen Pólas actúa na Alameda Rosalía de Castro nun espectáculo no que se poderá escoitar a voz da cantante Sheyla Patricia. O domingo 23 ás 21:00 horas.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz