www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020


Cultura • 22/12/2010

As mulleres son as protagonistas indiscutibles da exposición pictórica que se poderá ver no Multiusos da Xunqueira ata o día 17 de xaneiro. A inauguración é hoxe mércores ás 19:30 horas.


Sociedade • 22/12/2010

Baixo o lema "A ciencia e o medio, en galego!" o calendario recolle algunhas das especies de fauna e flora autóctona e con maior presenza nos nosos bosques e na enseada, algún invento científico así como o santoral en galego


Sucesos • 22/12/2010

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo condenou a dous anos de cárcere ao xogador de fútbol afeccionado Celso D.F., redondelán de 37 anos e xogador do Magosto de Reboreda, por morderlle e arrincarlle un cacho do nariz a un rival durante un partido no campo do Sampaio de Vigo, o 1 de novembro do 2009. O autor da lesión deberá abonar ademais 7.847 euros á súa vítima.


Sociedade • 21/12/2010

A asociación Amigos da Terra promove nestes días de consumo desmesurado algunhas propostas máis respectuosas co medio ambiente e encamiñadas a lograr un consumo sustentable tamén no Nadal. Así o explicaron en Redondela no marco da campaña "eu digo non ás bolsas de plástico"


Deporte • 21/12/2010

Teñen por diante moi poucos días de descanso co gallo do Nadal, porque os futbolistas do Choco volven á competición o próximo 2 de xaneiro. En plena resaca de Aninovo desprázanse para xogar co Nigrán, equipo co que están moi igualados. O obxectivo do adestrador para o próximo 2011 é mellorar resultados, e aspira a escalar ata a parte alta da táboa.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1887] [1888] [1889] [1890] [1891]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Luns, 31 de Agosto de 2020 - 09:30
Tai chi en Redondela e Chapela
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30h poderán aprender de balde esta practica milenaria.
Hoxe na Radio