www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 28 de Xaneiro de 2020


Institucional • 25/06/2010

O concelleiro delegado de Tráfico Eduardo Reguera  asegura que se multará a todos os camións que circulen pola Avenida de Vigo e que non se dirixan ás empresas ubicadas no litoral de Chapela.


Deporte • 25/06/2010

Serán catro as embarcacións que tomen parte noutras tantas regatas ao longo da tempada: Chapela, Tirán, Bueu e Meira. A iniciativa vivirá o seu bautismo en augas redondelás, mañá sábado ás 18:00 horas na praia de Arealonga.


Sucesos • 25/06/2010

O armador do Andreu III con base en Vigo, está acusado de tenencia ilícita de explosivos e atentado ecolóxico motivo polo que o xuíz decretou o seu ingreso na prisión de A Lama. Outros dous detidos, o armador e patrón do Nueva Herminia III quedaron en liberdade con cargos. Hoxe está previsto que presten declaración o patrón maior de Vigo, José Antonio Tizón e outros cinco detidos máis.


Cultura • 24/06/2010

O monte da Peneda volverá converterse este sábado nun lugar de peregrinación para centos de persoas que como cada ano subirán en procesión á cima do monte na tradicional Festa dos Fachos que chega a súa XIV edición. Os organizadores esperan a participación de 1500 persoas


Deporte • 24/06/2010

O Concello de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición nun curso de patinaxe no que poden participar tanto nenos como adultos. As clases desenvolveranse os meses de xullo e agosto no pavillón municipal da Montesiña.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1867] [1868] [1869] [1870] [1871]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Martes, 28 de Xaneiro de 2020 - 19:00
Xuntanza de Podemos
A formación Unidas Podemos celebra unha xuntanza aberta coa militancia en Redondela. Será o martes 28 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Venres, 31 de Xaneiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 31 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 1 de Febreiro de 2020 - 10:00
Andaina de Repoboación
O colectivo Arroutada organiza o 1 de febreiro unha xornada de recuperación e posta en valor do patrimonio natural de Fornelos de Montes. Inscricións de balde no 698205502. Desde as dez da mañá e até a noite.
Sábado, 1 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 1 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 1 de Febreiro de 2020 - 20:30
Teatro en Chapela
A compañía de teatro Rueiro de Vigo pecha a VIII edición do ciclo de teatro afeccionado de Chapela cunha adaptación de O Avarento de Moliere. O sábado 1 de febreiro ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral.
Domingo, 2 de Febreiro de 2020 - 18:00
Magín Blanco no Multiúsos
Regresa Magín blanco a Redondela co espectáculo musical A nena e o grilo e máis aló. Unha actuación programada dentro do II ciclo de teatro infantil que organiza a Condellería de Cultura e que se poderá ver o domingo 2 ás 18:00h. Entrada 3 euros.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz