www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020


Cultura • 28/04/2011

A mostra inaugúrase esta tarde ás 20:30 horas e contará coa actuación dos redondeláns Belöp. A continuación proxectaranse as curtametraxes "Amistad" de Alejandro Marzoa, "Coser e Cantar" de Rubén Riós, "Escúchame" de Mabel Lozano e o título de animación "Amar" de Isabel Herguera


Institucional • 27/04/2011

O goberno local desbota facer fixos aos ex traballadores a pesar de que a sentencia xudicial recoñece o carácter indefinido dos seus postos de traballo. O concelleiro de persoal, Emilio González Iglesias anuncia que se indemnizará aos operarios do servizo ante a imposibilidade de contratalos "por cuestións económicas e legais".


Política • 27/04/2011

Na mañá de hoxe celebrábase no concello de Redondela a última sesión plenaria ordinaria antes das eleccións de maio. Un pleno que se prolongou por menos de cinco minutos xa que todos os asuntos incorporados dentro da orde do día, asuntos de trámite, foron aprobados por unanimidade e sen debate por parte dos concelleiros.


Sucesos • 27/04/2011

Os feitos producíanse ás 13:45 horas de onte cando unha muller veciña da zona de A Marisma saía a dar un paseo por unha das pasarelas de madeira que se atopan nas inmediacións do antigo mercado do gando. Ao chegar ao final do paseo e debido a un esvarón a muller perdeu o equilibrio caendo ao río nunha zona de lama.


Institucional • 26/04/2011

Os traballadores, que levan varios anos no servizo contratados por períodos de entre 7 e nove meses, solicitarán agora a súa readmisión con carácter indefinido. Son conscientes de que pese a decisión xudicial o seu futuro laboral dependerá do interese político de crear ou non un servizo estable de emerxencias en Redondela.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1831] [1832] [1833] [1834] [1835]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Luns, 31 de Agosto de 2020 - 09:30
Tai chi en Redondela e Chapela
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30h poderán aprender de balde esta practica milenaria.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia