www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Xullo de 2020


Cultura • 26/05/2011

A compañía rusa The Fifth Wheel leva as súas marionetas de fíos ao Multiusos da Xunqueira cun espectáculo sen texto e con ritmo como base para todos os públicos. Será hoxe ás 21:00 horas.


Sociedade • 26/05/2011

A asociación de afectados continúa coas mobilizacións que os levan a concentrarse semanalmente nas pasarelas que cruzan a autoestrada, pero anuncian xa novas protestas logo das últimas declaracións dende Fomento nas que o seu titular reiteraba a intención de seguir adiante co proxecto de ampliación. Hoxe a concentración será na pasarela peonil da Igrexa ás 21:30 horas.

 


Política • 25/05/2011

A formación mantén a incógnita sobre o seu voto na sesión de investidura do próximo 11 de xuño. O futuro da alcaldía continúa polo tanto pendente do que decidan os integrantes de AER nunha nova asemblea que celebrarán este xoves na Casa da Cultura.


Cultura • 25/05/2011

"A maxia das siluetas" propón ao espectador achegarse as orixes do teatro e do cine cando as imaxes se acompañaban da música en directo. Sobre o escenario atopamos ao trío musical formado por Arsenio Martins, Carlos Castro e Fernando Abreu. A actuación inaugura os pases de sala do Festival Internacional de Títeres.


Política • 24/05/2011

A Agrupación de Electores de Redondela celebra esta tarde unha asemblea ás 21:00 horas na que abordarán o seu papel como chave de goberno. O seu único voto na sesión de investidura será clave para decidir se o PP chega a alcaldía ou se o goberno se mantén en mans dunha coalición de esquerdas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1820] [1821] [1822] [1823] [1824]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Xullo de 2020 - 12:00
Campamento de conciliación
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para participar no programa municipal de conciliación no mes de xullo, orientado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do xoves
Luns, 31 de Agosto de 2020 - 09:30
Tai chi en Redondela e Chapela
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto todos os que se acheguen á Alameda de Redondela os martes e xoves e ao xardín do Multiusos de Chapela os luns e mércores en horario de 09.30 a 10.30h poderán aprender de balde esta practica milenaria.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia