www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 24 de Setembro de 2019


Institucional • 28/07/2010

A moción, presentada polos populares no pleno celebrado na mañá de hoxe, foi rexeitada cos votos en contra do goberno local por non existir un lugar axeitado para instalar as paradas e porque esa medida entraría en colisión coas empresas que actualmente realizan o trasporte de pasaxeiros de Redondela a Vigo.


Institucional • 27/07/2010

A directiva do colectivo acordou non trasladarlle ao Bloque a información solicitada sobre o recurso contencioso administrativo que teñen interposto contra o Ministerio porque segundo afirman se lles trasladara dende ese partido que "o contencioso era unha perda de tempo e non ía valer de nada".

 


Sociedade • 27/07/2010

O obxectivo e incrementar o número de doazóns no concello logo de que no último ano se detectase unha diminución dun 4% no número de doazóns. Con todo Redondela segue a superar a media galega cunha taxa de 48 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.


Deporte • 27/07/2010

O campionato celebrarase esta fin de semana co gallo das festas grandes de Chapela e co obxectivo de promocionar o deporte entre a mocidade. Os partidos disputaranse no Colexio de Laredo coa participación de conxuntos da categoría sénior masculino e tamén mixtos.


Institucional • 27/07/2010

A proposta de urbanismo pasaría por derrogar a actual ordenanza municipal, que só permite conceder permisos de apertura a pubs ubicados en rúas de máis de catro metros de ancho e substituíla pola normativa da Xunta, que rebaixa esta esixencia aos tres metros e medio




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1773] [1774] [1775] [1776] [1777]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Venres, 27 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 10:00
Feira de Oportunidades
Descontos do 20 ao 70% nas casestas do comercio local. O sábado 28 de 10:00 a 22:00h e o domingo 29 de 11 da mañá a 21:00h. Música en vivo, actividades infantís e gastronomía para animar a Feira de oportunidade do comercio local.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 13:00
La Chata Soul
Música para amenizar a Feira de oportunidades do comercio local. O sábado 28 ás 13:00 horas en sesión vermú actuación do grupo La Chata Soul na Praza da Constitución.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 17:00
Visita guiada ao Meirande
O Sábado 28 regresan as visitas guiadas coa colaboración do grupo de teatro da ADC RANDE. Haberá dúas quendas: ás 17:00h e ás 18:30h É necesaria inscripción previa no teléfono 986 458891 ou no email museomeirande@redondela.gal. Aforo limitado.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 20:30
Carapaus no Multiúsos
Concerto de música folk co grupo Carapaus o sábado 28 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 29 de Setembro de 2019 - 18:30
Música coa Banda Municipal
A Alameda Castelao acolle o domingo 29 un concerto a cargo da Banda de Música de Redondela ás 18:30 horas. Unha actividade musicial para animar a Feira de Oportunidades.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz