www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019


Sociedade • 24/05/2010

O informe de Augas de Galicia descartando fallos na depuradora de Arcade non convence á Asociación de Naseiros Alvedosa. O colectivo segue a denunciar o deficiente funcionamento das instalacións, así como vertidos que chegan desde distintos aliviadoiros ó longo do río, e que verten directamente no río. Os naseiros insisten en que as obras se fixeron mal, e que cando chove, ao non estar separadas as augas fecais das pluviais, a depuradora vese desbordada


Institucional • 24/05/2010

Os nacionalistas denuncian que as obras da glorieta aínda non remataran, logo de que se cumpra un ano desde o seu inicio, cando a previsión inicial falaba dun prazo de execución de catro meses.


Cultura • 24/05/2010

Centos de persoas gozaron esta fin de semana en Redondela da maxia dos monicreques. Tanto os espectáculos do Auditorio da Xunqueira, como as múltiples funcións que se puideron ver nas rúas e prazas, contaron co favor do público.


Sociedade • 24/05/2010

Detrás dunha pancarta co lema "Non á destrucción de Chapela", uns 600 veciños da parroquia amosaron o sábado o seu máis rotundo rexeitamento á ampliación da AP-9 no tramo entre Rande e Teis. Este mércores o Concello celebra un pleno extraordinario para tratar o proxecto de Fomento.


Cultura • 21/05/2010

O Festival Internacional de Títeres de Redondela achega esta noite ó Auditorio a obra "Rúa Aire" da compañía galego-catalá "El retrete de Dorian Gray", baseada no construción de monicreques con globos.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1772] [1773] [1774] [1775] [1776]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10:00 a 14:30 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Sábado, 27 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela diante do Concello para recoller doazóns de sangue o sábado 27 en horario de 10:00 a 15:00 horas.
Luns, 29 de Xullo de 2019 - 11:30
Contacontos en Chapela
A Biblioteca de Chapela organiza o luns 29 ás 11:30 horas un contacontos orientados e cativos de 6 meses a 4 anos. A actividade correrá a cargo do grupo Trémola Teatro e leva por título "Que animaliño é?".
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz