www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019


Institucional • 25/05/2010

OS nacionalistas pedirán no pleno da corporación que o Concello se implique na posta en valor dos muíños de auga que existen no municipio, de gran valor etnográfico e cultural, e que actualmente están nunha situación ruinosa.


Sociedade • 24/05/2010

O informe de Augas de Galicia descartando fallos na depuradora de Arcade non convence á Asociación de Naseiros Alvedosa. O colectivo segue a denunciar o deficiente funcionamento das instalacións, así como vertidos que chegan desde distintos aliviadoiros ó longo do río, e que verten directamente no río. Os naseiros insisten en que as obras se fixeron mal, e que cando chove, ao non estar separadas as augas fecais das pluviais, a depuradora vese desbordada


Institucional • 24/05/2010

Os nacionalistas denuncian que as obras da glorieta aínda non remataran, logo de que se cumpra un ano desde o seu inicio, cando a previsión inicial falaba dun prazo de execución de catro meses.


Cultura • 24/05/2010

Centos de persoas gozaron esta fin de semana en Redondela da maxia dos monicreques. Tanto os espectáculos do Auditorio da Xunqueira, como as múltiples funcións que se puideron ver nas rúas e prazas, contaron co favor do público.


Sociedade • 24/05/2010

Detrás dunha pancarta co lema "Non á destrucción de Chapela", uns 600 veciños da parroquia amosaron o sábado o seu máis rotundo rexeitamento á ampliación da AP-9 no tramo entre Rande e Teis. Este mércores o Concello celebra un pleno extraordinario para tratar o proxecto de Fomento.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1682] [1683] [1684] [1685] [1686]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728   

Próximos Eventos...
Sábado, 23 de Febreiro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará hoxe en Redondela diante do Concello para recoller doazóns de sangue. En horario de 10.00 a 15.00 horas.
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 18:00
Ciclo Pórtico Sonoro
O grupo Evoéh inaugura a nova edición do ciclo de música nas Igrexas organizado pola Concellería de Cultura. Un concerto de balde o domingo 24 ás 18:00 horas na Igrexa de Vilavella.
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 18:00
Baobab teatro
Baobab Teatro regresa ao Multiúsos da Xunqueira coa obra O lobo e a lúa. Unha obra de monicreques orientada ao público familiar que se poderá ver o domingo 24 de febreiro ás 18:00h dentro do ciclo de teatro infantil que organiza Cultura. Entrada 3€
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 19:00
Teatro en Soutomaior
A Casa do Pobo do Val Sobral acolle o domingo ás 19:00h a obra de teatro A terapia do Doutor Menguele co grupo Tarantela de Beade. Unha comedia enmarcada no ciclo de humor que organiza o COncello con entrada de balde.
Xoves, 28 de Febreiro de 2019 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase a parroquia de Cesantes o xoves 28 en horario de 16:00 a 18:30 horas.
Xoves, 28 de Febreiro de 2019 - 19:00
Doazón en Cedeira
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Cedeira. As persoas que desexen facer as súas doazón poden achegarse en horario de tarde de 19:00 ás 21:00 horas ao carón do Colexio Público da parroquia o xoves 28.
Venres, 8 de Marzo de 2019 - 12:00
Redondela, dúas vilas
Exposición na Casa da Torre ata o 8 de marzo sobre a historia de Redondela. Pode visitarse en horario de 13:00 a 21:30 de luns a domingo.
Luns, 1 de Abril de 2019 - 12:00
Artelixo 2019
Aberto o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Artelixo que encherá as rúas de arte do 21 ao 27 de abril. Inscrición no enderezo artelixoredondela@gmail.com
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz