www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Xaneiro de 2019


Deporte • 13/04/2010

Boa fin de semana para os equipos locais que gañaron os seus encontros tanto na Preferente Sur como na Primeira e Segunda Autonómica. O Choco volve ser líder da Preferente, o Arcade afástase dos postos de descenso e o Chapela mantén a segunda praza do seu grupo.


Sociedade • 9/04/2010

Mañá sábado ponse en marcha a peregrinaxa a Compostela que organiza o Centro Cultural de Cedeira. Será en catro etapas a realizar os sábados. O primeiro será o tramo entre Tui e Redondela.


Institucional • 9/04/2010

O fiscal pide nove anos de inhabilitación para o alcalde redondelán por prevaricación. Mentres o rexedor admite que o interventor lle advertiu de que existía unha falta administrativa, pero "non un ilícito penal".


Cultura • 8/04/2010

O Multiusoso da Xunqueira acolle esta tarde a proxección das curtametraxes "Stop explotación infantil", de Diego Méndez, e "Mulleres da raia", de Diana Gonçalves. Trátase de dous dos traballos finalistas aos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual que se poderán ver ás 19.00 horas con entrada de balde.


Sociedade • 8/04/2010

Os traballadores denuncian o incumprimento do convenio. O paro deixa o municipio con servizos mínimos. A xornada de folga comezou con incidentes, xa que durante a noite uns encapuchados picaron rodas e romperon retrovisores a varios vehículos.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1680] [1681] [1682] [1683] [1684]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Ximnasia para maiores
Aberto o prazo de inscrición nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores. As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela. Inscrición antes do 31 de xaneiro nas oficinas de Servizos Sociais.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Barbies contra a desiguladade
Unha exposición que leva por nome "Rompe. Xoga en iguladade" impulsada pola Deputación para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse de luns a venres no concello de Pazos de Borbén, en horario de 9:00 a 14:00h.
Sábado, 2 de Febreiro de 2019 - 20:30
Misturarte Teatro
O grupo de Chapela estrea a súa nova obra A reunión dos Zanni no marco do ciclo de teatro afeccionado de Chapela. No Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 2 ás 20:30 horas con entrada de balde.
Sábado, 9 de Febreiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia de enredo Que é o que precisas? do grupo Expresión producións chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 9 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 10 de Febreiro de 2019 - 20:00
Humor na súa tinta
Dentro do ciclo de humor que organiza a Concellería de Cultura chega a Redondela o humorista Oswaldo Digón. Actuación o domingo 10 ás 20:00. Venda de entradas no Multiúsos a 7€.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia