Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018


Institucional • 20/11/2009

O goberno local anunciaba o pasado martes que o centro de día será unha realidade no 2011 e engadían que as xestións realizáranse baixo o mandato do bipartito na Xunta. Dende o PP agradecen ao goberno de Núñez Feijoo que execute as obras e aseguran que "onde outros puxeron carteis anunciadores, o actual Goberno galego vai poñer os cartos para executar unha obra longamente demandada polos redondeláns".

 


Institucional • 20/11/2009

A estrada de acceso ao Castelo de Soutomaior é a primeira obra na que a Deputación utiliza un aglomerado en quente tipo M-10 fabricado con betún modificado con caucho que ten un alto valor medio ambiental por reciclar rodas que xa están fora de uso. A obra ascende a 200.000 euros.

 


Institucional • 20/11/2009

Co gallo da próxima celebración do día da non violencia contra as mulleres, a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade organiza en Redondela diferentes actividades que inclúen un obradoiro para menores de 12 anos baixo o título  "Xogando pola igualdade" e a representación teatral da obra "Parella Aberta" para todos os públicos

 


Sucesos • 19/11/2009

Os veciños do número 1 da rúa Pai Crespo permanecían na mañá de hoxe sen subministro de luz, gas e auga. Unha vez rematen as pescudas policiais procederanse a realizar os primeiros arranxos no tellado para protexer o edificio das chuvias que se esperan de cara ás vindeiras horas


Cultura • 19/11/2009

Os relatos "Inexplicable" e "Noite sanguenta" foron os premiados no concurso convocado polas bibliotecas de Redondela. As historias gañadoras emitiranse na Radio Municipal




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1657] [1658] [1659] [1660] [1661]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2018 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Domingo, 19 de Agosto de 2018 - 22:00
Airiños da Peneda
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o concerto do grupo de música tradicional Airiños da Peneda. Entrada de balde, dentro da programación cultural do Concello de Redondela.
Martes, 21 de Agosto de 2018 - 20:00
Vive o Camiño
O ciclo de concertos Vive o Camiño achega a Redondela aos artistas Anxo Moure e Najla Shami. Na praza da Casa da Torre, con entrada de balde.
Venres, 24 de Agosto de 2018 - 12:00
Xuntanza Moteira
O Motoclube Redondela organiza a Xuntanza Moteira "Vila dos Viadutos" con actividades ao londo de todo o día na avda. Mendiño e no reconto da antiga Feira do Gando.
Sábado, 25 de Agosto de 2018 - 22:00
Comedia ao aire libre
A Praza da Casa da Torre acolle a actuación de "Les Deux Buffons" dentro da programación de verán do Concello de Redondela. Entrada de balde.
Domingo, 26 de Agosto de 2018 - 22:00
Argonat Band
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o concerto do grupo de acordeóns "Argonat Band" dentro da programación de verán do Concello de Redondela. Entrada de balde.
Venres, 31 de Agosto de 2018 - 22:00
Rondalla de Redondela
Os músicos da Rondalla subiranse ao escenario da Casa da Torre o 31 de agosto as 22:00 horas. Un concerto enmarcado na programación cultural do Concello.
Venres, 31 de Agosto de 2018 - 22:00
Rondalla de Redondela
A música da Rondalla de Redondela encherá de ritmos e nostalxia a Praza da Casa da Torre. Entrada de balde dentro da programación cultural do Concello.
Hoxe na Radio