www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019


Institucional • 3/02/2011

O Ministerio explicou, a raíz dunha pregunta da nacionalistas Olaia Fernández Davila, que aínda non ten datas para o reinicio dos traballos das tuneladoras do AVE avariadas dende o verán pasado. Unha situación que afecta a máis de un cento de traballadores.


Sociedade • 3/02/2011

A concellería de interior confirma que foron varios os locais de hostalaría que solicitaron un permiso anual para instalar terrazas, cando ata o de agora os permisos eran trimestrais e concentrábanse exclusivamente no período estival.


Institucional • 2/02/2011

O candidato popular Javier Bas rexeita as críticas que cualificaban de "acto meramente electoralista" o proxecto presentado por Portos de Galicia para as instalacións portuarias de Redondela e asegura que se trata dunha "resposta en firme ás demandas de mariñeiros e mariscadoras".


Cultura • 2/02/2011

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Soutomaior convoca o I concurso de deseño artesanal Arte-sá orientado a mulleres. As participantes deberán presentar antes do 7 de febreiro unha insignia ou agasallo elaborada de xeito artesanal empregando calquera tipo de material: coiro, madeira, pintura, cartón ou outros.


Sociedade • 2/02/2011

O Concello de Redondela ten convocado para hoxe ás 20:00 horas unha reunión do Consello parroquial de o Viso para analizar o trazado da futura autovía A-59 e a preocupación existente entre os colectivos da parroquia ante a construcción desta infraestrutura.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1637] [1638] [1639] [1640] [1641]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia