www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 17 de Xaneiro de 2019


Cultura • 24/08/2010

O grupo de gaitas Asubíos, Tanto nos Tén e O Leo i Arremecaghona completan o cartel do concerto que se poderá ver na noite do sábado no monte Outeiro Grande de O Viso. O festival contará coa tradicional suba de chimpíns na xornada do domingo onde continuará a festa


Sucesos • 24/08/2010

Concepción S.M. de 36 anos de idade e veciña de Reboreda foi detida na madrugada de hoxe por axentes da Policía local logo de forzar a porta do bar "O repouso do pescador" que se atopa no peirao de Cesantes ás 4:10 da madrugada de hoxe.


Institucional • 24/08/2010

O PP de Redondela traslada a Fomento a súa "frontal oposición" á ampliación da AP-9 en Chapela, a través dunha alegación na que advirte das importantes e serias repercusións do proxecto, tendo en conta a singular localización da infraestrutura e a sensibilidade do territorio no que se insire, polo que inciden na necesidade de sometemento do proxecto a Avaliación de Impacto Ambiental

 


Cultura • 23/08/2010

O xerente do organismo que xestiona a Illa, Xabier Alonso, márcase como obxectivo unha liña regular e estable entre o peirao de Cesantes e San Simón que funcione dende a primavera ata o outono.


Sucesos • 23/08/2010

O mozo, de 22 anos de idade e veciño de O Viso conducía un Ford Fiesta a pesar de carecer do permiso de conducir e cunha taxa de alcol que triplicaba o permitido. No sinistro resultaron feridos leves os dous ocupantes do outro vehículo, quen foron trasladados ao hospital de Fátima en Vigo.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1615] [1616] [1617] [1618] [1619]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Xoves, 17 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüística organiza o día 17 na Casa da Cultura ás 19:30 unha charla sobre Castelao a cargo do ensaista Miguel Anxo Seixas, cuxa tese de doutoramento afonda na biografía do rianxeiro.
Venres, 18 de Xaneiro de 2019 - 20:00
Xornada sobre a prostitución
O colectivo Paxaretas organiza unha charla coloquio coa participación da activista Amelia Tiganus e a proxección do documental La Mujer invisible dirixido por Noemi Chantada. O venres 18 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Vargas Blues Band
Concerto da Vargas Blues Band o día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos A Xunqueira. A entradas teñen un prezo de 8/10 euros e poden adquirirse xa no propio Multiúsos.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia o fontaneiro e a miña muller do grupo Xunca de Parderrubias chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 19 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 20 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Paco Nogueiras
O músico Paco Nogueiras é o encargado de inaugurar o I Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. A actuación será o domingo 20 ás 18:00 horas no Multiúsos co seu espectáculo Brinca Vai 2.0. Entrada 3 euros.
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia