www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018


Institucional • 28/05/2010

O concelleiro, Carlos Pazos, rexeita as críticas do PP e lembra que a temporada de limpeza dos areais comeza o 1 de xuño "como cada ano". Pazos explica ademais, que coa chegada do bo tempo os servizos de limpeza estiveron traballando xa nas praias para ofrecer ós usuarios unhas boas condicións.


Sociedade • 28/05/2010

Unha reforma fiscal progresiva, a racionalización administrativa, unha reforma do sistema financeiro e un gasto público que fomente a produtividade. Estas son algunhas das propostas que a formación nacionalista explicará esta tarde nunha charla informativa aberta a todo o público e na que participarán a deputada Carme Adán, o responsable de formación da CIG, Manuel Mera, e Xoán Carlos González, responsable local do BNG. A cita é ás 20.00 na Casa da Cultura.


Sociedade • 28/05/2010

A Xustiza ordena o cesamento total da actividade na fábrica de formigón. O TSXG revoga un fallo que só prohibía traballar de noite á subministradora das obras do AVE. Despois de anos de batallas xudiciais, os veciños de Millarada, en Vilar de Infesta, conseguiron outra vitoria legal contra a fábrica de formigón JCA.


Institucional • 28/05/2010

Un lustro houbo que agardar despois da súa rehabilitación para que a Xunta de Galicia dotase as dependencias da Illa de San Simón dunha actividade cultural estable. Segundo avanzou a Consellería de Cultura, prestarase especial atención á investigación e formación cultural, atraendo ás dotacións da illa programas en colaboración con institucións académicas e culturais.


Cultura • 27/05/2010

A compañía Teatro El Zurdo achega a Redondela a súa última obra "La Ruleta Rusa", de Enric Benavent, dirixida por Luis Bermejo. A cita é no Multiusos da Xunqueira o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 19.00 horas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1605] [1606] [1607] [1608] [1609]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 20:30
Charla sobre Jella Lepman
Unha ponte de libros infantís é o título da charla que ofrecerá a xornalista e editora Teresa Zataraín o venres 26 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura enmarcada nas actividades do 50 aniversarios das bibliotecas.
Domingo, 28 de Outubro de 2018 - 19:00
Certame de Corais de Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira continúa o seu XIX Certame de corais. Actuarán a Coral Polifónica de Caldas de Reis, o Grupo de Acordeóns do Centro Cultural de Chapela e a Coral Polifónica A Raíña do este Centro Cultural de Cedeira.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia