www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019


Sociedade • 19/09/2019

"A empresa de apostas ten que saber que non é benvida en Redondela" así de claro o amosaron o medio cento de persoas que nunha asemblea celebrada onte decidiron poñer en marcha unha serie de accións que arrancarán o vindeiro luns 23 de setembro cunha concentración, ás seis da tarde, diante do local que está a ser reformado para albergar este negocio na rúa Ernestina Otero. Ademais da mobilización cidadá, os participantes na reunión acordaron constituírse en Plataforma e poñer en marcha accións de sensiblización, recollida de sinaturas así como estudar medidas legais encamiñadas a evitar a apertura da casa de apostas.


Sociedade • 19/09/2019

O centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) acollerá un encontro no que se darán a coñecer as medidas de seguridade necesarias para unha práctica segura neste ámbito. Diferentes expertos abordarán as normas técnicas aplicables e a utilización de equipos de protección individual, entre outros aspectos.


Sociedade • 19/09/2019

Ducias de veciños e veciñas sumáronse na tarde de onte á concentración convocada polo Colectivo Feminista Paxaretas en repulsa polo triplo asasinato de Valga ao que se sumaba, horas despois, unha nova vítima da violencia machista en Madrid. Unha concentración en lembranza das asasinadas e na que se escoitaron tamén reivindicacións porque "é preciso actuar deforma contundente para poñer freo a violencia de xénero". As mobilizacións continuarán mañá venres cunha protesta nocturna que se celebrará conxuntamente en varias cidades e que en Vigo terá lugar ás 21:00 horas na praza da Pedra.


Sociedade • 18/09/2019

Mías comercios implicados, máis iluminación e actuacións musicais en vivo para animar as dúas xornadas comerciais e festivas que se vivirán en Redondela na fin de semana dos días 28 e 29 de setembro. Para facilitar a participación, o tráfico permanecerá pechado dende a Praza da Farola ata o Campo da Feira durante o horario de apertura das casetas ubicadas nas rúas Ribeira, Xeneral Rubín e nas Prazas do Concello, a Constitución e Santiago. Os clientes poderán atopar todo tipo de produtos: fogar, moda, calzado, complementos... con descontos que van dende o 20 ao 70%.


Sociedade • 18/09/2019

O Día do Remo de Chapela celebra este sábado, día 21, a súa quinta edición cun Tributo á Batalla de Rande. Haberá actividades ao longo de todo o día cunha travesía popular a remo multidisciplinar, con presenza internacional, unha regata de traíñas de veteranos, degustacións gastronómicas e actividades para o público infantil.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Venres, 27 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.
Hoxe na Radio