www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019


Institucional • 11/10/2019

O vindeiro martes 15 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes.


Sociedade • 10/10/2019

"É preciso falar do suicidio, porque é unha realidade que se mantén oculta, que segue sendo tabú, malia que cada ano se cobra a vida de centos de persoas en Galicia". Así o entenden na Asociación Lenda que neste 10 de outubro, data na que a prevención do suicidio centra os actos do Día Mundial da Saúde Mental, fan un chamamento a acabar cos mitos que xiran en torno ao suicidio. Falamos coa psicóloga e directora do centro ocupacional, Maica Álvarez e con Jaime Figueroa, membro da Xunta directiva de Lenda.


Cultura • 10/10/2019

A Fundación Filomena Rivero Alonso organiza unha nova edición do seu taller de Expresión e Impresión, uns obradoiros de expresión plástica que traballan a interacción e a integración entre os nenos. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro día 15 e débese realizar a través do enderezo contacto@tallerabierto.info. A actividade é de balde.


Política • 10/10/2019

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:30 horas un acto en defensa da sanidade pública que contará coa presenza do secretario comarcal da CIG Saúde, Manuel Moreira e o portavoz municipal do Bloque, Manu Lourenzo, para explicar as causas e solucións á situación sanitaria do concello dende o punto de vista profesional e político.


Política • 9/10/2019

Malia que a campaña electoral será máis curta do habitual, as formacións políticas comezan o camiño cara a cita nas urnas con distintas reunións e actos no ámbito local. Os primeiros, Ciudadanos. A candidata ao Congreso por Pontevedra, Beatriz Pino, reuniuse cos empresarios redondeláns este mércores. Unha cita que lle serviu para coñecer as principais necesidades do sector en Redondela. Potenciar o turismo, a falta de chan industrial, a aprobación do PXOM ou a eliminación da peaxe en Rande, son algunhas das cuestións que o sector considera urxentes.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [5] [6] [7] [8] [9]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Sábado, 19 de Outubro de 2019 - 11:00
Batalla de Rande
As actividades arrancarán ás 11:00h coa apertura do mercado e a chegada das embarcacións tradicionais. A teatralización central está prevista para as cinco da tarde coa obra "Os galeóns de Rande". Haberá obradoiros de pintacaras e tatuaxe.
Sábado, 19 de Outubro de 2019 - 20:00
Sheila Patricia en concerto
O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 19 o concerto de Sheil patricia. Unha actuación ás 20:00 horas organizada dende o Concello de Redondela cunha entrada a 3 euros.
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 18:00
Festival Folclore no Camiño
A Alameda acolle o domingo 20 ás 18:00h un festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño Portugués da Costa. Participarán a Banda de Gaitas Xarabal (Vigo), a Asociación Cultural A Seneira (Baiona) e o Rancho Folclórico do Sopo (Vilanova da Cerveira).
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 19:00
Teatro en Cedeira
O grupo de teatro A Cividade de Mos porá en escena este domingo a obra "É por aí?... e queda moito?" no Centro Cultural de Cedeira. A cita será ás 19.00 horas con entrada de balde.
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: concerto
Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo serán os encargado dos concerto que se poderá escoitar no Multiúsos o 20 de outubro ás 19:30 horas enmarcado na I edición do ciclo de piano dedicado a Marcial del Adalid.
Venres, 25 de Outubro de 2019 - 20:00
Ciclo piano: Paula Ríos
A pianista paula Ríos , presentada pro Carolina Queipo, ofrecerá un concerto no COnservatorio Victor Ureña o venres 25 ás 20:00 horas enmarcado dentro do I Ciclo de piano dedicado a Marcial del Adalid.
Sábado, 26 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: Antonio Queija
Pecha o primeiro ciclo de piano do Concello de Redondela un ocncerto a cargo do cubano de orixe galega Antonio Queija con presentación a cargo de Margarita Viso. O sábado 26 ás 19:30 horas.
Domingo, 27 de Outubro de 2019 - 18:00
Teatro con Viravolta títeres
Arranca o II Ciclo de treatro infantil coa obra Peer Gynt de Viravolta Títeres. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Prezo 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz