www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 25 de Xuño de 2017


Cultura • 19/06/2017

A nosa Coca é a máis antiga das que saen a rúa en Galicia. Este é tan só un dos datos históricos que se recollen na exposición que estes días e ata finais de agosto se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira. Unha mostra elaborada a partir de arduas investigacións en arquivos e publicacións que xurde, segundo explica a concelleira de Cultura, Teresa París, ante a "necesidade de dar unha explicación histórica a este mito que chega dende a Idade Media". A exposición inclúe tamén imaxes antigas e unha proxección na que se fai un percorrido por outras Cocas como a de Monçao, Valencia, Bélxica ou Salisbury.


Deporte • 19/06/2017

Un ano máis, coa chegada das vacacións, o club de remo de Chapela pon en marcha a súa Escola de Verán. Unha iniciativa coa que pretenden achegar aos máis novos ao mundo do remo dun xeito lúdico. O curso comeza o 3 de xullo e prolóngase ata o 30 de agosto.


Deporte • 19/06/2017

A décima edición que se disputa o domingo día 25 contará coa presenza de atletas destacados como Alvaro Prieto, Daniel Bargiela ou o marroquí Akka Essaadaqui, quen parte como un dos grandes favoritos desta carreira. Dende a organización confían en igualar os participantes de anos anteriores nos que se chegaron a superar os 800 atletas "agás o ano pasado na que houbo que cambiar a data por mor das eleccións e coincidiu con outros eventos deportivos de relevancia, o que lle restou participación".  O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na zapatería Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com.


Cultura • 19/06/2017

A Deputación de Pontevedra esgotou en tres semanas todas as entradas para as visitas teatralizadas ao castelo programadas ata setembro.  A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo "rotundo éxito" deste programa, "unha grande idea cuxa extraordinaria resposta nos anima a repetir e ata a ampliar o número de sesións e prazas o vindeiro ano".


Cultura • 16/06/2017

A parroquia do Viso acolle este sábado unha nova edición da Festa dos Fachos co percorrido habitual, a fogueira e a popular queimada co mestre Noe Massó. Nesta edición a invocación correrá a cargo do antropólogo Rafael Quintía. A saída está prevista para as 23:30 horas dende o cruce da estrada do Viso coa que leva A Peneda e unha hora antes xa se poderán adquirir os fachos que alumearán na ascensión ao monte.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [3] [4] [5] [6] [7]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2017 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Próximos Eventos...
Domingo, 25 de Xuño de 2017 - 10:00
Carreira popular Redondela
A décima edición que se disputa o domingo día 25 contará coa presenza de 800 atletas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na zapatería Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com.
Martes, 27 de Xuño de 2017 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o martes 27 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Mércores, 28 de Xuño de 2017 - 09:30
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 28 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Luns, 10 de Xullo de 2017 - 12:00
Axudas de comedor
Aberto o prazo para solicitar as axudas de comedor para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Poden acceder a elas familiar con menores escolarizados en centros públicos do Concello. Os interesados deben solicitalas antes do 10 de xullo.
Hoxe na Radio