www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 5 de Agosto de 2020


Sociedade • 19/02/2010

Os feligreses poderán coñecer hoxe as melloras acometidas, que consistiron no cambio integral da cuberta da igrexa e no reforzo da bóveda e dos forxados ademais dunha restauración do interior.


Institucional • 18/02/2010

Dende o vindeiro mes e ata xuño o concello ofrece un día a semana de servizo de ludoteca para nenos entre catro e doce anos en doce parroquias redondeláns. Para inscribirse tan só hai que anotarse previamente no centro cultural ou asociación da parroquia.


Institucional • 18/02/2010

A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha o seu programa de actividades para o 2010 polas parroquias con cursos que abordarán a saúde, a imaxe e a comunicación así como a reciclaxe, entre outros. O custe dos obradoiros é de vinte euros.


Institucional • 18/02/2010

O Concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, lembra que é a Administración Autonómica o órgano competente para actuar ante vertidos como os que se producían o pasado venres ao carón do porto de Cesantes.


Sociedade • 18/02/2010

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza este sábado unha nova edición da Feira de Troco a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello. O obxectivo é promover un consumo máis responsable e respectuoso co medio ambiente.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [2045] [2046] [2047] [2048] [2049]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 7 de Agosto de 2020 - 15:30
Doazón de sangue en Chapela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas.
Venres, 7 de Agosto de 2020 - 20:00
Festival de Artistas de Rúa
O festival celebra a súa XXI edición o venres 7 de agosto, nunha tarde noite na que as rúas e prazas de Redondela encheranse de espectáculos en pequeno formato con música, pallasos e malabares.
Sábado, 8 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús Culturais: 33RPM
O grupo redondelán actuará o sábado 8 de agosto ás 12:30 horas na praza José Figueroa dentro do programa de Vermús Culturais que organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia