www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 30 de Maio de 2020


Sociedade • 29/05/2020

Anos e anos soportando o fedor procedente desta fábrica de fariñas de peixe ten aos veciños da zona ao borde do límite. Unha situación que teñen denunciado na policía, no concello e nos xulgados sen obter unha solución as súas queixas. Os afectados non descartan mobilizarse para esixir que atendan as súas demandas "non estamos en contra de ningunha empresa, pero non podemos seguir soportando uns cheiros que nos impiden abrir as fiestras e uns vertidos e residuos que son constantes e se teñen agravado nos últimos tempos". A empresa ten paralizadas as obras de ampliación da planta por carecer de licenza.


Política • 29/05/2020

A moción, presentada por ARPE (Asociación Rande Patrimonio Europeo), contou co apoio unánime de todos os grupos presentes na corporación quen salientaron a importancia histórica do conxunto cultural existente en Rande e que inclúe os restos da fortaleza, os galeóns afundidos ou o propio cargadoiro de mineral. Elementos que fan do lugar un conxunto que ao entender dos promotores da proposta fano merecedor da categoría de BIC (Ben de Interese Cultural). Para garantir unha maior protección para a zona o Concello comprometeuse a solicitar o Selo Europeo para o lugar.  


Política • 29/05/2020

Os populares reclama un reforzo no Departamento de Servizos Sociais que "tendo en conta a situación de grave crise económica na que nos atopamos, non pode seguir baixo mínimos, cunha liña de teléfono completamente saturada" e sen persoal suficiente para atender á demanda existente. Demandan tamén que se subministre máscaras gratuítas ás persoas que carecen de recursos.


Sucesos • 29/05/2020

O ladrón tentou escapar co botín, 130 paquetes e bolsas de tabaco, pola N-555 onde a policía tiña despregado varios controis. O home lanzou pola fiestra unha máquina rexistradora para evadirse dos axentes e continuou a súa fuxida cara Peinador. Foi o propio coche que roubara o que lle impediu continuar coa súa escapada, ao comezar a botar fume polo radiador. Malia que tentou escapar por unha zona boscosa, era interceptado pouco despois polos axentes da policía.


Institucional • 29/05/2020

Logo de máis de dous meses e medio pechado ao público, o castelo abrirá as súas portas adaptándose á “nova normalidade”. Será obrigatorio o uso da máscara e luvas, ao tratarse dun museo interactivo, e recoméndase o pago con tarxeta ou online. Limítase o número de persoas e refórzase a limpeza e hixienización do espazo.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2020 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz