www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019


Política • 24/05/2019

Os pactos postelectorais poderían ser decisivos de cara a determinar quen ocupará a alcaldía de Redondela os vindeiros catro anos. As forzas de esquerda, interpeladas sobre esta cuestión no debate político organizado pola Radio Municipa lde Redondela, amosan a súa disponibilidade a negociar un posible goberno alternativo no caso de que os populares non logren a maioría. Dende o PP non queren falar de "dereitas e esquerdas, porque a nivel local o que ten que primar é a xestión". Dende Ciudadanos non son rotundos nos seus posicionamentos pero falan da "necesidade dun cambio de rumbo en Redondela".


Política • 24/05/2019

Dúas semanas despois das críticas emitidas dende AER e BNG sobre a decisión do concello de Redondela de encargar a un "graffiteiro" o pintado dun dos laterais do scalextric, pintado que supuxo a eliminación do debuxo que decoraba ese muro dende os anos 70, Javier Bas decidiu saír en defensa da nova decoración. Argumenta que o debuxo realizado busca homenaxear a Festa do Choco e se realizou sen intencionalidade política algunha.


Institucional • 24/05/2019

O Concello de Redondela acaba de adxudicar varias obras para mellora e acondicionamento de camiños das parroquias de O Viso, Cedeira e Redondela.  En concreto, o Concello porá en marcha nas vindeiras semanas o asfaltado e diversas actuacións no Camiño Torreiro do Viso, no lugar de Saramagoso, e no camiño Fondo do Canudo, no lugar de As Cabritas, en Reboreda. Por outra parte, tamén se levará a cabo o asfaltado do Camiño San Pote, en Cedeira, e do Camiño Arango, en Redondela.


Política • 24/05/2019

Mitins e actos festivos para pechar unha intensa campaña que se resolverá o vindeiro domingo. Logo de que o BNG pechara a campaña cun mitin na Alameda de Redondela, hoxe serán PP, PSOE, AER, Unidas Podemos e Ciudadanos quen poñan o punto e final con actos en diferentes puntos de Redondela e Chapela.


Política • 24/05/2019

A Plataforma de Activistas Culturais e artistas de Redondela, Sinha PACA, entende que o PP está a incumprir as normas que o propio goberno de Javier Bas esixe aos colectivos culturais para conceder permiso aos eventos que organizan. Concretamente denuncian a precaria instalacións eléctrica da pantalla xigante con publicidade do Partido Popular que estes días ocupou a Praza de Figueroa e a Praza Alejandro Otero.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia