www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019


Sucesos • 17/06/2019

O accidente acontecía pouco despois das 16.30 horas na zona da Pantalla. Unha saída de vía provocaba o envorco do camión que ía cargado. O condutor resultou ferido leve e puido saír polos seus propios medios. O accidente provocou o corte momentáneo dun dos carrís da N-550 pero xa se circula con normalidade pola zona.


Cultura • 17/06/2019

Arrancan este mércores as celebracións das festas da Coca coa elaboración das tradicionais alfombras florais nas que dende hai días están a traballar ducias de mulleres co preparados dos pétalos e o material que logo conformará eses tapetes vexetais. Unha programación que nos deixa tamén as tradicionais verbenas, a música máis cañeira con cambios no cartel (Firewind substitúe aos suecos Eclipse) e a obrigada cita coa Danza das Espadas e As Penlas. O pregón será o mércores ás 20:00 horas na praza do Concello a cargo da escritora Dossy Diomaher.


Sociedade • 17/06/2019

Hai case un ano que as tendas e supermercados cobran polas bolsas de plástico. Os veciños de Redondela xa se acostumaron a levalas da casa e reutilizalas "por conciencia ecolóxica e por aforro". Pero aínda hai demasiado plástico na compra diaria, e os consumidores demandan que se elimine tamén "o envasado excesivo e innecesario" de moitos produtos.


Sociedade • 17/06/2019

A Concellería de xuventude organiza diferentes obradoiros baixo o título xenérico de "Moceando" nos que se busca que mozos e mozas teñan un espazo no que falar de sexualidade abertamente. Unha proposta para "aprender a xestionar as nosas relacións, para atopar respostas seguras, obxectivas e profesionais". Impartiranse os días 2, 9 e 16 de xullo e o prazo de inscrición está aberto ata o 26 de xuño de balde a través da web do concello.


Sociedade • 17/06/2019

Nesta fin de semana foron recollidos máis de 23.000 kilos nos supermercados de Vegalsa Eroski de Vigo, Moaña, Porriño, Baiona e Redondela nos que se celebrou esta iniciativa. Por localidades, en Vigo recibíronse 18.000 quilos de comida; en Redondela, 2.000; en Moaña, 1.500; en Baiona, 1.500 quilos e no Porriño outros 600 quilos máis. Unha iniciativa que foi posible no noso concellos grazas á colaboración de 40 voluntarios.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia