| Mércores, 19 de Xuño de 2013 - 17:30 |
| Concerto fin de curso |
| O día 19 de xuño a música volverá á rúa da man dos alumnos da escola de música de Redondela que ofrecerán un concerto de fin de curso no patio exterior do Conservatorio ás 17:30 horas. |
| Sábado, 22 de Xuño de 2013 - 22:00 |
| Festa dos fachos |
| Ao pé da Peneda daranse cita ás dez da noite do sábado 22 as xentes da comarca que logo de acender os seus fachos iniciarán o ascenso ao cume do monte. Unha vez alí acéndese a fogueira e prepárase a queimada ao ritmo da música. Organiza Alén Nos. |
| Sábado, 22 de Xuño de 2013 - 22:00 |
| XV Festa dos fachos |
| O 22 de xuño celébrase unha nova edición da Festa dos Fachos no Monte da Peneda. Trátase dunha festa de exaltación do comezo do solsticio de verán e é tamén a recuperación dunha festa popular que aínda no século XIX se celebraba no mesmo lugar. |
| Domingo, 23 de Xuño de 2013 - 20:00 |
| Festival de habaneiras |
| A Coral Ondas do Mar de Vigo de Cesantes organiza o I Certame de habaneiras o domingo 23 ás 20:00 no Multiusos. Participan a Coral Valderrosa de Ponte Caldelas, O Piñeiral de Chapela, o Coro de cámara Gli appassionanti de Vigo e a coral anfitriona. |
| Martes, 25 de Xuño de 2013 - 16:00 |
| Xornada de portas abertas |
| Co gallo de animar aos veciños a achegarse ao Conservatorio, este centro celebra os días 25 e 26 deste mes dúas xornadas de portas abertas En horario de tarde poderanse visitar as instalacións, comprobar o equipamento e facer consultas ao profesorado |
| Martes, 25 de Xuño de 2013 - 20:30 |
| Música nas prazas |
| O Conservatorio Municipal de Música de Redondela programa diversas actuacións para este mes de xuño co gallo de encher de música o casco urbano. Neste programa inclúen un concerto o 25 de xuño ás 20.30 horas na Praza de Santiago Apóstolo
|
| Xoves, 27 de Xuño de 2013 - 12:00 |
| Obradoiro medieval |
| O Concello de Pazos organiza o día 27 un obradoiro medieval dirixido a nenos no Castelo de Soutomaior. Os participantes queterán a oportunidade de facer de damas e cabaleiros con actividades lúdicas, deben inscribirse no Concello ou no 986498934. |
| Xoves, 27 de Xuño de 2013 - 20:00 |
| Concerto na Casa da Torre |
| A praza da Casa da Torre acolle o xoves 27 de xuño o concerto de fin de curso do alumnado do Conservatorio Victor Ureña de Redondela. Unha actuación aberta que terá lugar ás 20:00 horas. |
|