www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Axenda - 30 de Setembro do 2019

Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 18 de Outubro de 2019 - 12:00
Búscase profesor de música
Unha oferta de emprego que chega dende a escola de música de Chapela que busca un profesor para impartir clases a nenos de 0 a 3 anos. Requírese dominio de inglés falado. Envío de currículo a escolademusica@culturaldechapela.org ou no 636124635.
Venres, 18 de Outubro de 2019 - 17:00
Escape Room na Biblioteca
Baixo o nome Atrapados con Alicia a biblioteca organiza esta actividade na que os participantes maiores de 9 anos deberá atopar as pistas que os permita dar coa saída. Será o 18 de outubro con sesións ás 17:00, 18:00, 19:00. Compre inscrición previa
Venres, 18 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: Dúo Scaramouche
O Dúo Scaramouche, formado por Javier Ares e Jorge Briones, presentarase ao público o día 18 de outubro da man de Luís Costa. O programa que presenta este dúo está integramente dedicado a Adalid. No Multiúsos ás 19:30 horas.
Sábado, 19 de Outubro de 2019 - 11:00
Batalla de Rande
As actividades arrancarán ás 11:00h coa apertura do mercado e a chegada das embarcacións tradicionais. A teatralización central está prevista para as cinco da tarde coa obra "Os galeóns de Rande". Haberá obradoiros de pintacaras e tatuaxe.
Sábado, 19 de Outubro de 2019 - 20:00
Sheila Patricia en concerto
O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 19 o concerto de Sheil patricia. Unha actuación ás 20:00 horas organizada dende o Concello de Redondela cunha entrada a 3 euros.
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 18:00
Festival Folclore no Camiño
A Alameda acolle o domingo 20 ás 18:00h un festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño Portugués da Costa. Participarán a Banda de Gaitas Xarabal (Vigo), a Asociación Cultural A Seneira (Baiona) e o Rancho Folclórico do Sopo (Vilanova da Cerveira).
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 19:00
Teatro en Cedeira
O grupo de teatro A Cividade de Mos porá en escena este domingo a obra "É por aí?... e queda moito?" no Centro Cultural de Cedeira. A cita será ás 19.00 horas con entrada de balde.
Domingo, 20 de Outubro de 2019 - 19:30
Ciclo piano: concerto
Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo serán os encargado dos concerto que se poderá escoitar no Multiúsos o 20 de outubro ás 19:30 horas enmarcado na I edición do ciclo de piano dedicado a Marcial del Adalid.