www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Axenda - 28 de Xullo do 2018

Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 12:00
II Tríatlon de Redondela
O domingo, 22 de xullo, as rúas de Redondela, acollerán a segunda edición do Tríatlón Concello de Redondela. Partirá ás 12.00 horas do peirao de Cesantes e a meta será na Alameda de Redondela.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 18:30
Visita teatralizada a Meirande
O domingo, 22 de xullo, celebrarase dobre visita teatralizada ao Museo de Rande ás 18.30 e ás 19.15 hora. Actividade gratuíta pero é preciso inscribirse previamente. As visitas están adaptadas a persoas cegas, xordas e xordo cegas.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 22:00
Concerto "La Supersonic"
A música ao aire libre chega este domingo á Alameda Rosalía de Castro co grupo vigués "La Supersonic". Versións de blues, rock e soul é a proposta deste quinteto. Subirán ao escenario ás 22.00 horas.