www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Axenda - 26 de Maio do 2018

Sábado, 26 de Maio de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 26 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 26 de Maio de 2018 - 19:00
IIi encontro da Canción Galega
A Coral Polifónica de Laxe da Coruña, a Coral Polifónica de Teis e a Coral Polifónica de Taboada de Lugo participan neste festival no que actuará tamén a coral de San Esteban de Negros. O domingo ás 19:00h no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 26 de Maio de 2018 - 22:00
Visita petróglifos Ventosela
Visita guiada polo arqueólogo, Xurxo Constela ao patrimonio arqueolóxico na noite do sábado 26 para coñecer e visitar os petróglifos de Ventosela. Polo espazo reducido do lugar onde se atopan estes gravados precisa de inscrición no 600381782.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 22 de Xuño de 2018 - 20:30
Cacerolada no xulgado
A Asemblea feminista Paxaretas convoca unha concentración diante do xulgado de Redondela, ás 20.30 horas, polo auto que deixa en liberdade provisional aos membros de "La Manada".
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 18:00
Festival Folk Illa San Simón
Coincidindo coa celebración de San Xoán o grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón do C.C.D. Cesantes organiza este festival. Haberá actuacións musicais para toda a familia, así como coa tradicional fogueira e comida e bebida a prezos populares
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 21:00
Fogueira de San Xoán
O Concello de Redondela organiza unha festa de San Soán cunha fogueira na praia de Arealonga.
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 22:00
Ruta Mirtallo/Penide
A Concellería de Cultura e A Citania Arqueoloxía organizan unha ruta nocturna pola zona Mirtallo-PEnide. Información nos teléfonos 600381782 e 986861103.
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 17:00
Festval Fin de Curso
A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.