Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

Axenda - 24 de Novembro do 2017

Venres, 24 de Novembro de 2017 - 20:00
Concerto Santa Icía
A orquestra de saxos do COnservatorio celebran un concerto na honra da súa patroa Santa Icía, o venres 24 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde no que presentarán o seu novo traballo.
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 12:00
Conciliación no Nadal
O programa Nadal con Simona desenvolverase nun total de 10 parroquias. Está aberto a nenos de 4 e 14 anos de idade que se inscriban antes do 24 de novembro. Co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar desenvolverase en horario 9 a 14:00h
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 11:00
Falar por falar
A contadora Ana Carreira pecha o venres 24 o ciclo Falar por falar da Biblioteca de Pazos con dúas propostas: as 11:00 Moito conto e as 20:00h Pequenas histoiras. Entrada de balde no auditorio de Pazos de Borbén.
Domingo, 18 de Xaneiro de 2009 - 20:00
Carballo das cen polas
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este sábado 18 ás 20:00 horas unha actuación a cargo do grupo O Carballo Das Cen Polas.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Mércores, 15 de Agosto de 2018 - 21:00
Teatro familiar con Ghop
O grupo de Teatro ao Cubo achega á Alameda de Talo Río o seu espectáculo Ghop! dentro da estética clásica de circo ambulante. Malabares, monicreques e acrobacias para todos os públicos en Soutomaior.
Xoves, 16 de Agosto de 2018 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará na Alameda de Chapela de 16.00 a 21.00 horas para recoller doazóns de sangue.
Domingo, 19 de Agosto de 2018 - 22:00
Airiños da Peneda
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o concerto do grupo de música tradicional Airiños da Peneda. Entrada de balde, dentro da programación cultural do Concello de Redondela.
Martes, 21 de Agosto de 2018 - 20:00
Vive o Camiño
O ciclo de concertos Vive o Camiño achega a Redondela aos artistas Anxo Moure e Najla Shami. Na praza da Casa da Torre, con entrada de balde.
Venres, 24 de Agosto de 2018 - 12:00
Xuntanza Moteira
O Motoclube Redondela organiza a Xuntanza Moteira "Vila dos Viadutos" con actividades ao londo de todo o día na avda. Mendiño e no reconto da antiga Feira do Gando.
Sábado, 25 de Agosto de 2018 - 22:00
Comedia ao aire libre
A Praza da Casa da Torre acolle a actuación de "Les Deux Buffons" dentro da programación de verán do Concello de Redondela. Entrada de balde.
Domingo, 26 de Agosto de 2018 - 22:00
Argonat Band
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle o concerto do grupo de acordeóns "Argonat Band" dentro da programación de verán do Concello de Redondela. Entrada de balde.
Venres, 31 de Agosto de 2018 - 22:00
Rondalla de Redondela
Os músicos da Rondalla subiranse ao escenario da Casa da Torre o 31 de agosto as 22:00 horas. Un concerto enmarcado na programación cultural do Concello.