www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Axenda - 24 de Marzo do 2018

Sábado, 24 de Marzo de 2018 - 20:00
Actuación de Juan Carballo
O artista Juan Carballo actúa o vindeiro sábado, ás 20.00 horas no Multiusos de Redondela. Achegará o seu espectáculo "Asuntos pendentes" no que integra música e recitado de poesía. O prezo das entradas é de 7 euros (5 reducida).
Sábado, 24 de Marzo de 2018 - 17:00
Cociña creativa en Cesantes
O Círculo Cultural deportivo de Cesantes organiza un obradoiro de Cociña Creativa que se impartirá o sábado 24 de marzo en horario de cinco a sete da tarde para nenos de 4 a 12 anos. Inscricións antes do 22 na sede do centro ou teléfono 666530295.
Sábado, 24 de Marzo de 2018 - 22:30
Concerto Millo Verde
Concerto de Chaleco Reflectante e The Mob Swing, finalistas do concurso de maquetas Millo Verde con actuación dos grupos Chá, cerveja e violão e The Güintervan como grupos convidados. O sábado 24 ás 22:30 horas no recinto da antiga feira do gando.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 12:00
Concerto no Meixón Frío
As terrazas do Meixón Frío propoñen os sábado unha sesión vermu musical. Arraca este sábado 22 cunha Jam Sessión ás doce do mediodía.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 20:00
Tarde de Zarzuela
A Asociación Lírica galega ofrece unha tarde de música no Multiúsos da Xunqueira coa súa proposta "Tarde de Zarzuela". O sábado 22 ás 20:00 horas. Actuación enamrcada dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
Xoves, 27 de Setembro de 2018 - 18:30
Contacontos en Chapela
Contacontos para nenos na Biblioteca de Chapela o xoves 27 de setembro, ás 18:30 horas con Os contos de Pablísimo e o espectáculo "O Paroleiro". Entrada de balde.