www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Axenda - 24 de Febreiro do 2019

Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 18:00
Ciclo Pórtico Sonoro
O grupo Evoéh inaugura a nova edición do ciclo de música nas Igrexas organizado pola Concellería de Cultura. Un concerto de balde o domingo 24 ás 18:00 horas na Igrexa de Vilavella.
Luns, 18 de Febreiro de 2019 - 12:00
A moda do pasado
O Castelo de Soutomaior acolle unha exposición de moda feminina con pezas de finais do século XIX e principios do XX organizada pola Deputación. Ata o 18 de febreiro.
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 19:00
Teatro en Soutomaior
A Casa do Pobo do Val Sobral acolle o domingo ás 19:00h a obra de teatro A terapia do Doutor Menguele co grupo Tarantela de Beade. Unha comedia enmarcada no ciclo de humor que organiza o COncello con entrada de balde.
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 18:00
Baobab teatro
Baobab Teatro regresa ao Multiúsos da Xunqueira coa obra O lobo e a lúa. Unha obra de monicreques orientada ao público familiar que se poderá ver o domingo 24 de febreiro ás 18:00h dentro do ciclo de teatro infantil que organiza Cultura. Entrada 3€

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.