www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Marzo de 2019

Axenda - 23 de Novembro do 2018

Venres, 23 de Novembro de 2018 - 13:30
Falar por falar
A Biblioteca de Pazos organiza o III Ciclo de Tradición Oral no auditorio do Concello. Esta semana a convidado é a actriz Paula Carballeira. Ás 13.30 con "Historias de arrepío" e ás 20.00 horas "Os contos que me contaron".
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:00
Concerto Santa Icía
O Conservatorio Víctor Ureña ofrece un concerto no Multiúsos da Xunqueira co mestre Andreas Van Zoelen e a Orquestra de Saxos.
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:00
Centenario Grupo José Figueroa
O Centro Sociocomunitario de Redondela acolle o acto conmemorativo do I Centenario do Grupo Escolar "José Figueroa".
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 12:00
Acto institucional 25 Novembro
Co gallo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia Machista o concello organiza un acto o venres, ás 12.00 horas, no que se vai ler o manifesto elaborado polo pleno infantil e se representará a obra "Lavandeiras"
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:30
Faladoiro violencia de xénero
A Asemblea Feminista Paxaretas organizan este venres, ás 20.30 horas, no Multiúsos de Redondela a charla "Experiencias profesionais sobre a violencia de xénero" na que van participar Raquel Doval, Montserrat Gil e Isabel Gómez.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Xoves, 28 de Marzo de 2019 - 12:00
Souto pequeno
Festival de cine e música infantil en Arcade con presenza de artistas procedentes de Italia, Portugal, Arxentina e España. A proxección de películas de animación é a sinal de identidade deste festival no que haberá obradoiros e música. Do 28 ao 31
Xoves, 28 de Marzo de 2019 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará na Alameda Rosalía de Castro de Chapela o xoves 28 en horario de 16.00 a 21.00 horas para recoller doazóns de sangue.
Venres, 29 de Marzo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue ao carón do concello o venres 29 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16:00 a 21.00 horas.
Sábado, 30 de Marzo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 30 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Luns, 1 de Abril de 2019 - 12:00
Artelixo 2019
Aberto o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Artelixo que encherá as rúas de arte do 21 ao 27 de abril. Inscrición no enderezo artelixoredondela@gmail.com