www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Axenda - 20 de Outubro do 2017

Venres, 20 de Outubro de 2017 - 20:00
Recital poético multilingüe
Dentro da programación da VI edición do taller Con Barqueira e Remador, a Casa da Cultura celebra o venres 20 ás 20:00h un recital multilingüe onde se escoitarán os textos orixinais de cada un dos convidados e a súa tradución ao galego.
Domingo, 18 de Xaneiro de 2009 - 20:00
Carballo das cen polas
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este sábado 18 ás 20:00 horas unha actuación a cargo do grupo O Carballo Das Cen Polas.
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 18:30
Contacontos na biblioteca
“Rebeca Atencia de misión no Congo” con Polo Correo do Vento. O venres 20 ás 18:30 contacontos ilustrado dedicado a Rebeca Atencia, veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall. Para nenos a partir de 4 anos Entrada libre e de balde
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 12:00
Concurso cantina de Negros
O Centro Cultural de Negros saca a concurso a súa cantina. Os interesados deben entregar nun sobre pechado a cantidade que están dispostos a achegar ao mes mínimo 200€. O prazo para participar remata o venres 20 ás 22:00h. Información 675634700.

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 12:00
II Tríatlon de Redondela
O domingo, 22 de xullo, as rúas de Redondela, acollerán a segunda edición do Tríatlón Concello de Redondela. Partirá ás 12.00 horas do peirao de Cesantes e a meta será na Alameda de Redondela.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 18:30
Visita teatralizada a Meirande
O domingo, 22 de xullo, celebrarase dobre visita teatralizada ao Museo de Rande ás 18.30 e ás 19.15 hora. Actividade gratuíta pero é preciso inscribirse previamente. As visitas están adaptadas a persoas cegas, xordas e xordo cegas.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 22:00
Concerto "La Supersonic"
A música ao aire libre chega este domingo á Alameda Rosalía de Castro co grupo vigués "La Supersonic". Versións de blues, rock e soul é a proposta deste quinteto. Subirán ao escenario ás 22.00 horas.