www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Xaneiro de 2019

Axenda - 18 de Novembro do 2018

Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 12:00
Magosto Círculo de Chapela
A partir das 12:00 horas magosto na Alameda Rosalía de Castro. Ás 18:00 horas actuación do grupo folclórico "O Carballo das cen polas" de Reboreda.
Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 19:00
Documental "A cicatriz branca"
Proxección do documental de Margarita Ledo Andión como actividade paralela á exposición GalizAmérica organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello. Multiúsos de Chapela.
Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 12:00
Músicas Cativas do Viso
A Sociedade Cultural do Viso organiza un concerto de carácter familiar para que os máis cativos coñezan a música tradicional. Actúan Gaiteiros e Pandereteiras Anaquiños máis o Grupo de Pandereteiras Follas Verdes.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Xoves, 17 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüística organiza o día 17 na Casa da Cultura ás 19:30 unha charla sobre Castelao a cargo do ensaista Miguel Anxo Seixas, cuxa tese de doutoramento afonda na biografía do rianxeiro.
Venres, 18 de Xaneiro de 2019 - 20:00
Xornada sobre a prostitución
O colectivo Paxaretas organiza unha charla coloquio coa participación da activista Amelia Tiganus e a proxección do documental La Mujer invisible dirixido por Noemi Chantada. O venres 18 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Vargas Blues Band
Concerto da Vargas Blues Band o día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos A Xunqueira. A entradas teñen un prezo de 8/10 euros e poden adquirirse xa no propio Multiúsos.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia o fontaneiro e a miña muller do grupo Xunca de Parderrubias chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 19 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 20 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Paco Nogueiras
O músico Paco Nogueiras é o encargado de inaugurar o I Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. A actuación será o domingo 20 ás 18:00 horas no Multiúsos co seu espectáculo Brinca Vai 2.0. Entrada 3 euros.
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.