www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Axenda - 18 de Xullo do 2018

Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713
Mércores, 18 de Xullo de 2018 - 20:30
Fillo Adoptivo de Redondela
Dezaseis colectivos e asociacións presentan este mércores, ás 20.30 horas, un manifesto para o recoñecemento de Diego San José como Fillo Adoptivo de Redondela. O acto será na Casa da Cultura.
Mércores, 18 de Xullo de 2018 - 21:00
"La Chata Soul" en concerto
A música ao vivo encherá a rúa Pai Crespo este mércores, ás 21.00 horas, co grupo "La Chata Soul". Unha actividade organizada polos hostaleiros da zona.

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 12:00
Magosto Círculo de Chapela
A partir das 12:00 horas magosto na Alameda Rosalía de Castro. Ás 18:00 horas actuación do grupo folclórico "O Carballo das cen polas" de Reboreda.
Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 12:00
Músicas Cativas do Viso
A Sociedade Cultural do Viso organiza un concerto de carácter familiar para que os máis cativos coñezan a música tradicional. Actúan Gaiteiros e Pandereteiras Anaquiños máis o Grupo de Pandereteiras Follas Verdes.
Domingo, 18 de Novembro de 2018 - 19:00
Documental "A cicatriz branca"
Proxección do documental de Margarita Ledo Andión como actividade paralela á exposición GalizAmérica organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello. Multiúsos de Chapela.
Luns, 19 de Novembro de 2018 - 19:30
Charla sobre demencias
A psiquiatra Águeda Rojo ofrece unha conferencia sobre os síntomas neuropsiquiátricos nas demencias. No auditorio do Multiúsos da Xunqueira.
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 13:30
Falar por falar
A Biblioteca de Pazos organiza o III Ciclo de Tradición Oral no auditorio do Concello. Esta semana a convidado é a actriz Paula Carballeira. Ás 13.30 con "Historias de arrepío" e ás 20.00 horas "Os contos que me contaron".