www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Abril de 2019

Axenda - 16 de Febreiro do 2019

Sábado, 16 de Febreiro de 2019 - 20:00
Xornada sobre a Mestra Paulina
O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 16 ás 20:00 horas unha xonrada adicada á Mestra Paulina na que se presentará un audiovisual en torno a muller elixida persoeira do ano 2017.
Sábado, 16 de Febreiro de 2019 - 12:00
Festa aniversario de Paxaretas
O colectivo feminista celebra o sábado 16 o seu aniversario cunha procesión paxaretil ás 12:00, xantar popular, e guateque a partir das 18:00 na Discotasca. Pola noite monólogo de Puchi e festa coa Dj Russinha.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.