www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Axenda - 15 de Xullo do 2018

Domingo, 15 de Xullo de 2018 - 11:40
Estatua Rosalía
Este domingo inaugúrase a estatua de Rosalía de Castro na alameda de Chapela, á que lle dá nome. Actuará ás 11.45 horas "O Carballo das Cen Pólas" e o grupo folclórico "Alleran". Ás 13.00 horas celebrarase un acto institucional con "Son Trío".
Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713
Sábado, 14 de Xullo de 2018 - 22:00
XVI Festival Folclore Reboreda
Reboreda acolle este sábado, a partir das 22.00 horas, XVI Festival de Folclore Internacional coa participación de o grupo Carregal Aveiro, Alleran de Asturias o o Carballo das Cen Pólas. A cita será no torreiro da festa

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 12:00
Concerto no Meixón Frío
As terrazas do Meixón Frío propoñen os sábado unha sesión vermu musical. Arraca este sábado 22 cunha Jam Sessión ás doce do mediodía.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 20:00
Tarde de Zarzuela
A Asociación Lírica galega ofrece unha tarde de música no Multiúsos da Xunqueira coa súa proposta "Tarde de Zarzuela". O sábado 22 ás 20:00 horas. Actuación enamrcada dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
Xoves, 27 de Setembro de 2018 - 18:30
Contacontos en Chapela
Contacontos para nenos na Biblioteca de Chapela o xoves 27 de setembro, ás 18:30 horas con Os contos de Pablísimo e o espectáculo "O Paroleiro". Entrada de balde.