www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Axenda - 15 de Marzo do 2018

Xoves, 15 de Marzo de 2018 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Cesantes para recoller doazóns.O xoves 15 permanecerá diatne da farmacia na zona alta de Cesantes dende as 16:00 ás 18:30 horas.
Xoves, 15 de Marzo de 2018 - 20:00
As conversas de Alén Nós
Alén Nós somete a debate o proxecto de Porto Cabral. Na charla que se celebrará o xoves 15 ás 20:00 h na Casa da Cultura falarase do polémico proxecto de instalación dun macrocentro comercial na parroquia de Cabral.
Xoves, 15 de Marzo de 2018 - 19:00
Doazón en Cedeira
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Cedeira. As persoas que desexen facer as súas doazón poden achegarse en horario de tarde de 19:00 ás 21:00 horas ao carón do Colexio Público da parroquia o xoves 15 de marzo.
Xoves, 15 de Marzo de 2018 - 20:00
Os límites na educación
Charla no Multiúsos o xoves 15 ás 20:00h a cargo da terapeuta Marta LLoves quen falará da necesidade do establecemento de normas e límites, a disciplina positiva e achegará pautas de actuación para que as familias para que saiban como actuar.
Domingo, 18 de Xaneiro de 2009 - 20:00
Carballo das cen polas
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este sábado 18 ás 20:00 horas unha actuación a cargo do grupo O Carballo Das Cen Polas.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 12:00
Concerto no Meixón Frío
As terrazas do Meixón Frío propoñen os sábado unha sesión vermu musical. Arraca este sábado 22 cunha Jam Sessión ás doce do mediodía.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 20:00
Tarde de Zarzuela
A Asociación Lírica galega ofrece unha tarde de música no Multiúsos da Xunqueira coa súa proposta "Tarde de Zarzuela". O sábado 22 ás 20:00 horas. Actuación enamrcada dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
Xoves, 27 de Setembro de 2018 - 18:30
Contacontos en Chapela
Contacontos para nenos na Biblioteca de Chapela o xoves 27 de setembro, ás 18:30 horas con Os contos de Pablísimo e o espectáculo "O Paroleiro". Entrada de balde.