www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Xaneiro de 2019

Axenda - 15 de Febreiro do 2018

Martes, 13 de Febreiro de 2018 - 09:00
ITV móbil en Pazos
A explanada da Casa Cultural de Pazos acollerá os días 13 e 14 a unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos. Cita previa no teléfono 902 309 000 ou na web www.sycitv.com. O horario é de 9 a 13:30h pola mañá e de 15:15 a 18:00h pola tarde.
Domingo, 18 de Xaneiro de 2009 - 20:00
Carballo das cen polas
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este sábado 18 ás 20:00 horas unha actuación a cargo do grupo O Carballo Das Cen Polas.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Vargas Blues Band
Concerto da Vargas Blues Band o día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos A Xunqueira. A entradas teñen un prezo de 8/10 euros e poden adquirirse xa no propio Multiúsos.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia o fontaneiro e a miña muller do grupo Xunca de Parderrubias chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 19 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 20 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Paco Nogueiras
O músico Paco Nogueiras é o encargado de inaugurar o I Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. A actuación será o domingo 20 ás 18:00 horas no Multiúsos co seu espectáculo Brinca Vai 2.0. Entrada 3 euros.
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Ximnasia para maiores
Aberto o prazo de inscrición nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores. As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela. Inscrición antes do 31 de xaneiro nas oficinas de Servizos Sociais.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Barbies contra a desiguladade
Unha exposición que leva por nome "Rompe. Xoga en iguladade" impulsada pola Deputación para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse de luns a venres no concello de Pazos de Borbén, en horario de 9:00 a 14:00h.