Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Folk con Anaquiños |
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 18.00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela. |
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00 |
Teatro no Multiúsos |
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura. |
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Festival de Panxoliñas |
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
|
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Contos do recreo |
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros. |
Mércores, 18 de Decembro de 2019 - 16:00 |
Doazón de sangue en Chapela |
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas. |
Xoves, 19 de Decembro de 2019 - 18:30 |
Contacontos infantil en Chapel |
A biblioteca Xela Arias de Chapela organiza o xoves 19 de decembro ás 18:30 horas un contacontos orientado a público infantil a partir de 3 anos. A actividade leva por nome "Encóntame o Nadal" a cargo de Ana Facchini.
|
Venres, 20 de Decembro de 2019 - 20:30 |
Festival de Lenda |
Concerto de Nadal orgaizado por Lenda o venres 20 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira coa actuación da Rondalla de Redondela, Chá, cerveja e violao e os Mércores musicais. Entrada 5 euros en Café da Vila e a sede de Lenda. |
|