www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Axenda - 14 de Xullo do 2018

Venres, 13 de Xullo de 2018 - 20:00
Sonoaire, música ao vivo
O sábado e domingo as prazas de Redondela énchense de música en directo. Actuarán as bandas San Rockers, Blue Monk, Bestlife, Balckbirds, La Banda de Mazinger, Greenwater e Cherry Sweet.
Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713
Sábado, 14 de Xullo de 2018 - 22:00
XVI Festival Folclore Reboreda
Reboreda acolle este sábado, a partir das 22.00 horas, XVI Festival de Folclore Internacional coa participación de o grupo Carregal Aveiro, Alleran de Asturias o o Carballo das Cen Pólas. A cita será no torreiro da festa

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Xoves, 22 de Novembro de 2018 - 17:00
Charla saúde alimentaria
A Asociación Arela impartirá o xoves, ás 17.00 horas, unha charla sobre a saúde alimentaria na muller na antiga Escola de Tuimil. Actividade que se enmarca na programación do Concello co gallo do 25 de Novembro
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 12:00
Acto institucional 25 Novembro
Co gallo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia Machista o concello organiza un acto o venres, ás 12.00 horas, no que se vai ler o manifesto elaborado polo pleno infantil e se representará a obra "Lavandeiras"
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 13:30
Falar por falar
A Biblioteca de Pazos organiza o III Ciclo de Tradición Oral no auditorio do Concello. Esta semana a convidado é a actriz Paula Carballeira. Ás 13.30 con "Historias de arrepío" e ás 20.00 horas "Os contos que me contaron".
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:00
Concerto Santa Icía
O Conservatorio Víctor Ureña ofrece un concerto no Multiúsos da Xunqueira co mestre Andreas Van Zoelen e a Orquestra de Saxos.
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:00
Centenario Grupo José Figueroa
O Centro Sociocomunitario de Redondela acolle o acto conmemorativo do I Centenario do Grupo Escolar "José Figueroa".
Venres, 23 de Novembro de 2018 - 20:30
Faladoiro violencia de xénero
A Asemblea Feminista Paxaretas organizan este venres, ás 20.30 horas, no Multiúsos de Redondela a charla "Experiencias profesionais sobre a violencia de xénero" na que van participar Raquel Doval, Montserrat Gil e Isabel Gómez.
Sábado, 24 de Novembro de 2018 - 10:30
Ruta polos ecosistemas dunares
A Concellería de Medio Ambiente organiza un roteiro para concienciar da importancia dos nosos comportamentos na costa e nos sistemas dunares. A saída guiada será de 10:30 a 13:30 horas. Inscricións en medioambiente@redondela.gal ou 986400300.
Sábado, 24 de Novembro de 2018 - 20:00
Concerto Santa Icía Chapela
A Escola de Música de Chapela celebra o concerto de Santa Icía no Multiusos do Piñeiral do Crego.