www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Axenda - 13 de Setembro do 2019

Venres, 13 de Setembro de 2019 - 21:00
The Lákazans en Redondela
Concerto do grupo The Lákazans o venres 13 ás 21:00 horas na Praza da Casa da Torre. Organiza a Concellería de Cultura.
Venres, 13 de Setembro de 2019 - 10:00
Búscanse figurantes
Redondela volverá ser un plató de cine o día 13 de setembro con rodaxe no Multiúsos da Xunqueira de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20.:00h. Os que queiran participar como figurantes poden inscribirse no 615411090 ou no enderezo xacabla@gmail.com

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.