www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Concerto de The Soul Jacket na Praza da Casa da Torre
Cultura • 4/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Chega a Redondela o proxecto "Música e Viño no teu Camiño", unha iniciativa organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural ao abeiro do programa O Teu Xacobeo da Xunta para desenvolver unha programación social e cultural por toda a xeografía galega qeu inclúe o concerto hoxe venres de The Soul Jacket ás 20:30 horas.


Serán tres eventos musicais, que se celebrarán no mes de outubro e no que ademais de concertos haberá un evento no que se dará a coñecer os vinos de Denominación de Orixe do territorio, así como a gastronomía da contorna. Redondela acollerá o primeiro evento este venres 4 de outubro, cun concerto do grupo The Soul Jacket a partir das 20:30h na Praza da Casa da Torre.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: