www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Soutomaior estrea o "novo" pavillón da Montesiña cun festival deportivo
Deporte • 4/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal, estas instalacións acollerán este sábado ás 19:00 horas un festival deportivo no que intervirán os clubs Patinaxe Artística Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática. Máis de 170 deportistas do tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, porán a proba as remodelacións desta instalación deportiva.


No pavillón realizáronse melloras consistentes na substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho así como o desmonte e retirada da instalación de fontanaría actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso, válvulas mesturadoras, fluxores, chaves e rociadores e substitúense por novas unidades temporizadas.


Mellorouse a iluminación tanto interior como exterior da zona e substituíronse os taboleiros de baloncesto por uns de metacrilato de resistencia a impactos elevada e con aros de canastra basculantes conforme ás esixencias da normativa FIBA e instalarase un sistema de adaptación de altura de baloncesto para minibasquet.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: