www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 13 de Decembro de 2019

VII edición do Festival de Habaneras de Redondela
Cultura • 3/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira  acolle este sábado 5 de outubro unha nova edición do festival de habeneras con presenza de cinco formacións corais que se subirán aos escenario ás 18:30 horas, Unhas actuacións de balde para as que cómpre retirar previamente unha invitación na conserxería do propio Multiúsos.


Nesta ocasión actuará a coral polifónica Rivera Entenza de Salceda de Caselas, a coral Máximo Gorki de Vigo, a polifónica San Pelayo de Navia e completan o cartel dúas formacións locais, a coral da Sociedade Labrego cultural de Reboreda e a coral polifónica Ondas do Mar de Vigo de Cesantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: