www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 13 de Decembro de 2019

AER responsabiliza ao PP dos atrasos na Casa da Cultura de Quintela e na área recreativa de Negros
Política • 30/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Cruce de acusacións entre o anterior e o actual goberno sobre a falta de xestión en proxectos de envergadura para o noso concello como son dúas obras moi esperadas nas parroquias de Quintela e Santo Estevo de Negros. Mentres o PP asegura que estes proxectos están paralizados pola "falta de xestión" do actual bipartito, dende AER apuntan a suposta incapacidade do anterior goberno popular "que en máis dun ano non foron quen de realizar os trámites precisos para poñer en marcha ambas actuacións".


Balance de goberno o que facían dende o PP de Redondela acusando ao bipartito de ter paralizado e colapsado o concello e poñendo o acento en proxectos que segundo aseguraba a voceira dos populares, Carmen Amoedo, estaban moi avanzados no anterior mandato.


Unha afirmación que desminten dende AER. Aseguran a formación asemblearia que en ambos os dous casos, malia contar en maio de 2018 cunha asignación económica para realizar tanto o centro cultural da parroquia de Quintela como a construción da área recreativa de Negros "despois de pasado un ano deixaron sen rematar os trámites necesarios para empezar as obras xa que faltaba designar a dirección de obra así como o plan de seguridade".


Conclúe afirmando AER que "o Partido Popular, desde maio de 2018 que se aprobou o Plan e ata xuño de 2019 (cando perde o goberno) non foi quen de rematar os trámites para o inicio da obra (estamos a falar de máis dun ano) pero ten a desfachatez de acusar ao actual goberno de non estar executando a obra cando aínda falta a contratación da dirección de obra e o plan de seguridade e saúde".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: