www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

O Choco suma e segue
Deporte • 30/09/2019
Autor: Ana Prieto

O conxunto redondelán segue líder da Terceira División logo dunha importante vitoria nas Pontes. Na Primeira Galicia gañou o Arcade no Grove, e na Segunda perderon Vilar e Cesantes. No balonmán o Chapela de Primeira Nacional impúxose na Cañiza.


Terceira División



As Pontes 2-3 Choco


O conxunto de Gonzalo Fernández "Gonza" mantén o liderado logo de sumar una nova vitoria no campo de As Pontes. Os goles de Adrián, Félix e Yerai permíntelle ao equipo de Redondela sumar tres puntos máis. O próximo domingo recibirá en Santa Mariña ao Silva, que é 8º logo do empatar esta pasada xornada co Pontellas.


As Pontes: Paco; Alberto (David Pájaro, min. 80), Sánchez (Marcos Caridad, min. 55), Óscar, Álex Cabarcos; Gonzalo; Carlos, Dani Fernández, Quique (Fidi, min. 55), Rubén Pardo; e Cambón.
Choco: Cortegoso; Mario (Martín, min. 81), Vitra, Yago, Diego Abal; Alberto Suárez, Caloi (Tomás Abelleira, min. 72); Yerai, Félix, Monchito (Sergio Santos, min. 62); e Adrián Rodríguez.
Goles: 0-1, min. 39: Adrián Rodríguez; 0-2, min. 54: Félix, de penalti; 1-2, min. 61: Carlos; 1-3, min. 68: Yerai Couñago; 2-3, min. 85: Carlos.


Primeira Galega



Unión Grove 3-5 Arcade


O equipo de Soutomaior trouxo do Grove os tres puntos dun partido no que foi moi superior aos locais, e acada a 4ª praza do grupo. O domingo ás 16.30 horas recibirán no Salgueirón ao Alertanavia, que é 5º, co que están empatados a puntos.


Segunda Galega



Cesantes 1-3 A Lama


O Cesantes non foi quen de seguir o ritmo ao conxunto visitante, que demostrou ser superior no terreo de xogo, o que deixa ao equipo redondelán en postos de descenso. O próximo domingo visitan o campo municipal da Rapeira, onde se medirán ao Portas, pechacancelas do grupo.


Chaín1- 0 Villar


O Vilar perdeu pola mínima no campo da Gándara, e ponse 11º do grupo. Na próxima xornada recibe ao U.D. Mos, que é 8º, con dous puntos máis que os de Vilar.


Terceira Galicia



Indenpendente 0-4 Chapela


O Chapela segue na parte alta da táboa, como 2º, logo de golear ao Independente. O domingo ás 12.00 recibe no campo de Parada ao Balaídos, que é 4º, pero cos mesmos puntos que os redondeláns.


Nespereira 1-3 Oiense


Nova derrota do Nespereira en Chan do Areeiro, o conxunto localue aínda non foi quen de sumar esta temporada. Na próxima xornada visitará o campo da Bouza para medirse ao Coia, equipo forte que actualmente ocupa o 3º posto do grupo, en promoción de ascenso.


Fútbol Sala Terceira División



Pazos de Borbén 3-6 Ganomagoga Vigo IES Coruxo


Os de Fran Amoedo perderon ante o conxunto vigués. Malia facer un bo partido, o Pazos sucumbiu ante un dos claros candidatos ao ascenso. Tentarán sumar os primeiros puntos da temporada o próximo sábado, na visita ao Valdesuso Peugeot Vilalba, actual líder do grupo logo de tan só dúas xornadas disputadas.


Fútbol Sala Preferente Sur



Redondela Maramar 3-2 Lume Corbatas


Importante vitoria do Redondela, que escala ata a 4ª posición logo de se impoñer na casa a un dos aspirantes ao ascenso. O próximo sábado xoga no pavillón Óscar Pereiro ante o Celado Concello de Mos, 3º clasificado e co que está empatado a puntos.


Cesures 6-5 Campito


Derrota do Campito na pista do Cesures nun partido moi disputado. O domingo recibirán no


pavillón Manuel González Soto ao U.D. Coles, equipo situado un posto por baixo dos de Chapela e que aínda non sumou ningún punto.


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Porriño 24-23 SAR Rodavigo


Dura derrota das de Chini no pavillón do Porriño, por tan só un gol de diferencia, nun encontro na que a SAR lle puxo as cousas moi difíciles a un dos grandes equipos da competición, e que actualmente lidera a clasificación xunto co Zonzamas.


Primeira Nacional



Cañiza 26-31 Rodosa Chapela


Nova vitoria dos de Fran Teixeira, que colocan no 4º posto da táboa logo de sumar no difícil pavillón da Cañiza. O sábado reciben ao Seis do Nadal, que aínda non sumou nas dúas primeiras xornadas de liga, malia que os de Coia contan cun equipo forte esta temporada.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: