www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Outubro de 2019

Proxección e coloquio en torno ao documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte"
Sociedade • 26/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os deportados aos campos de exterminio nazis son os protagonistas deste emotivo documental no que dous galegos, Enrique Doval de Lugo e Joaquín Balboa de Ourense regresan ao campo de Manthausen no mes de outubro de 1979. Este traballo da TVG permite coñecer, a través da narración dos seus propios protagonistas, a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir. Poderase ver este venres ás 20:00 horas no Multiúsos e a continuación ofrecerase un coloquio con Eladio Anxo Fernández Manso, colaborador coa Asociación da Recuperación da Memoria Histórica.


Recuperar e divulgar a memoria fronte ao esquecemento que sofren as vítimas do fascismo en España, en xeral, e en Galicia en particular, está na base do traballo que realiza Eladio Fernandez Manso, encargado de presentar este documental e centrar o coloquio posterior. Profesor de Xeografía e Historia en el IES Antón Losada de A Estrada, membro da Asociación de profesores de Historia Sine Nomine e da Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio anima aos veciñas a achegarse a esta proposta que serve tamén para reivindicar a necesidade dun recoñecemento institucional para todas estas vítimas do fascismo que logo de 44 anos da morte do ditador seguen a ser as grandes esquecidas da democracia.


Unha actividade que se desenvolve este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira no marco da exposición "Boix, Fotógrafo de Mauthausen" que organiza a Asociación para a recuperación da memoria histórica en colaboración co Colectivo Republicano e que buscan loitar contra o esquecemento que sofren os deportados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: